domingo, 15 de noviembre de 2009

ENTREVISTA A JUAN ARESES TRAPOTE


O letrado Juan Areses Trapote durante a entrevista outorgada a La Voz de Galicia, 15.11.2009

-
Pontevedra, 15.11.2009
-
Entrada n. 1076 do blog
-
ENTREVISTA A JUAN ARESES TRAPOTE,
por Xesús López Fernández
-
O letrado é home discreto, pouco partidario de conceder entrevistas; pero desta volta e como consecuencia das paridas que se levan dito, incluso por algús dos representantes do Estado de Dereito, tivo que decir algunhas cousas: por exemplo, que parece que Alberto Núñez Feijóo, ó decir que a Autoridade Portuaria puido non estar ben representada, demostra non ter leído a sentencia.
-
O abogado dí tamén que sobre medio ambiente deben falare os expertos, e non esas xentiñas que están aí, na trama, pra xustificaren o que non ten xustificación. ¿Que pode causar danos a retirada dos recheos, máis que os propios recheos, e non causalos a dinamitación dos fondos, unha das causas determinantes da morte do banco marisqueiro?
-
A xente de Pontevedra está un tanto apoucada, como presa do que eu defino como "vaga de doudice", envolta nunha especie de estupidez colectiva. As asociaciós non apoiaron ás xentes d´Os Praceres porque, evidentemente, actuaran, algunhas delas, como correas de transmisión do poder político, se non eran tamén parte na trama.
-
Leéde, por favor, a entrevista á que podedes acceder por medio dos enlaces que se inclúen.
-
-

2 comentarios:

D45 dijo...

Pois eu penso que a Xunta non ten que meterse nisto. Se alguén quere montar un recheo, se o pode pagar, que o monte.

Saudos.

xesús lópez fernández dijo...

Pero é que a Xunta está metida no tema e foi parte no pleito.
No meu blog podes atopa-la sentencia que Núñez Feijóo vése que non leéu. E non debe facer de salvador dos que falan agora de medio ambiente, que queren incluso pareceren sensibles cando as súas cargas de dinamita nos fondos da ría representaron un punto final do marisqueo no banco d´Os Praceres.
Neste asunto fai falla, de verdade, a entrada dun xués especial, porque pode haber trama mafiosa, ademáis de nemiga do medio ambiente.
Saúdos.