Ilustración do blog de Elentir, Contando Estrelas, en relación co seu post sobre as mentiras da Mesa pola Normalización Lingüística.
-
Pontevedra, 28.11.2009-
Entrada n. 1084 do blog
-
MENTIREIROS...! AS FALSEDADES DA MESA,
por Xesús López Fernández
.
Estes pasados días foi publicada en diversos medios unha noticia da Axencia Efe, en relación cunha acusación da UE á Xunta, pola súa persecución da lingua galega. Todo me pareceu extraño, porque a persecución contra da nosa lingua ven de xa hai tempo, dende as normas do 1983, o DNL, e as últimas normas, as que eu chamo "as normas do Diktatt estalinista", coas que tentaron cambiarlle a alma ó noso pobo por medio dunha deriva coa que tentaban converti-lo galego en portugués.
-
Finalmente, as cousas no seu sitio, sóubose que a acusación da persecución foi outro máis dos traballos de Carlos Callón, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, o gran persecutor do galego tradicional que se valeu dunha ONG pra montar unha nova cortina de fume.
-
Sigue un enlace de elentir, Contando estrelas, que aclara tódo-los particulares da noticia inventada, da mentira falaz de Callón, que queda así reventada. As cousas no seu sitio:
-
3 comentarios:
Como xa dixen no blog de Elentir, ese individuo debería facer mención ao seu apelido e calarse. Máis cansino non se pode ser.
Saúdos.
Pero é que está subvencionado. Presuntamente, claro. E non vai calar.
Coido que a Xunta debería dinamitar, pra sempre, a Mesa pola Normalización Lingüística.
Publicar un comentario