martes, 16 de marzo de 2010

A CORRUPCIÓN QUE SIGUE...

Unha das versiós d´O Brado, de Edvard Münch, que vale pra sobrepoñer á perspectiva da ría de Pontevedra, maxinado xa o empate da pasarela de Ana Pastor co tramo de Lores-Mosquera, os inventores dunha nova ribeira, propulsores da morte final do espacio. O colectivo cidadán horrorizado non pode evitar que a corrupción siga rampando aquí, deseñando novos solares á par que mata a natureza. Xa pouco falta.
-
Pontevedra, 16.03.2010
-
Entrada n. 1201 do blog
-
A CORRUPCIÓN QUE SIGUE....,
por Xesús López Fernández
-
Moito "¡Ence, fóra", o brado das xentes do Bloque ou dos seus acólitos directivos da APDR, ou o electoral de Touriño de cando clamaba pola defensa da ría, non da factoría, "¡Ence sí, pero non aí!", todo mentira. E Costas da Xunta tampouco parece estar pola salvación das marismas de Lourizán, a promesa de Feijóo en campaña de recupera-lo litoral.
-
Parece como se os tres partidos fosen terminales da corrupción que prima na agresión a esta ría, os partidos ó servicio dos clústers. Hai tempo que se lle mirou o rabo ó BNG, que reconvirteu a cidade nun novo Gulag e que tamén ten demostrado a súa querencia pola reconversión das marismas de Lourizán en solar. A corrupción sigue gobernando, presuntamente, certas conciencias.
-
Dous enlaces preocupantes, avisos de posible terror, e un terceiro aclaratorio:
-
Faro de Vigo, 16.03.2010: A Xunta vai renova-las obras da variante de Marín aínda que Fomento, (presuntamente ó dictado dos clústers), non modifique o proiecto.
-
Faro de Vigo, 16.03.2010: O Concello acelera as obras de Marín.
-

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Leéde os enlaces. Tódo-los partidos están tocados da corrupción.