



-
-
Entrada n. 1190 do blog
-
Panorámica do porto de Marín. Andan a riza-lo rizo coa sentencia, a veren de descafeinala pra proseguiren cos recheos a desfeita do mar, pra acabaren co capital verde.
-
Pontevedra, 5.03.2010-
Entrada n. 1190 do blog
-
ESTADO DE DESECHO,
por Xesús López Fernández
-
O outro día oín a un tertulián, nun debate transmitido por televisión, pronuncia-las seguintes palabras en relación con diversas situaciós creadas neste país en situación de descomposición acelerada. "Sí, se habla de Estado de Derecho, pero si la Justicia no entra y actúa rápidamente, el Estado se cae por su propia base". Coido que non hai máis que engadir a esas palabras. Sí vou inserir uns enlaces de diversos medios e que se refiren á situación desta ría, a cómo se queren burlar das sentencias do T.S., de cómo o Bloque e Costas chegaron a unha especie de contubernio pra se cargare o litoral e non pensar na recuperación das marismas de Lourizán.
-
Os interesados han poder atopar neste blog non poucas referencias á situación de deterioro do capital natural, do capital social e á falta de moral política, do seu continuo abandono no propósito de repoñe-la legalidade, consustancial co feito de ter un simple cargo político. Mellor, que se vaian, que emigran do país moitos deles. Parece que, nunha sociedade morta como a pontevedresa, xa só os colectivos de Lourizán-Praceres ou a Asociación Salvemos Pontevedra claman pola reposición de legalidade ou denuncian ás Administraciós presuntamente delincuentes.
-
El Puerto confía en el recurso de la Diputación en el Constitucional para mantener los rellenos: Faro de Vigo, 5.03.2010 (¿Estado de desecho?)
-
Costas acepta la reforma de la avenida de Marín, salvo la pasarela peatonal por la ría: Faro de Vigo, 5.03.2010 (Estado de desecho)
-
Medio Ambiente (da Xunta) avala la seguridad jurídica del Puerto de Marín: La Voz de Galicia, 5.03.2010 (Estado de desecho)
-
-
Paseo e carril-bici serán construídos dend´o mes de Xuño: La Voz de Galicia, 5.03.2010. Idea peregrina prá "recuperación" da ría e consolidación do solar. Traidores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario