lunes, 15 de marzo de 2010

GALICIA, DERROTADA

As casas de Praducelo, algunhas moi fermosas, mostran un total abandono (Foto de La Voz de Galicia)
Amigos do liño, unha das riquezas perdidas por este país, que requería a participación do capital social. A escea parece corresponder á escarda, á que seguiría o traballo a man pra ire formando as estrigas de liño pra fiar. En Pontevedra existe unha zona chamada d´As Estrigueiras, hoxe condenada pola proiectada construcción dunha horrorosa urbanización, do lado da autopista. Zona verde, curiosamente, a que vai lindar coesa vía rápida.
-
Pontevedra, 15.03.2010
-
Entrada n. 1199 do blog
-
GALICIA, DERROTADA,
por Xesús López Fernández
-
Esta entrada é un contínuum da anterior, que nace a consecuencia das noticias dadas onte, 14.03.2010, por La Voz de Galicia: A área rural ten máis de 90000 vivendas sen habitantes, a cifra máis alta de Europa , situación que afecta ás casas unifamiliares de labranza; tamén ós pisos de recente construcción. Apúntase como causa principal do despoboamento do rural ó envellecemento e á crisis agrogandeira, o que parece unha falacia por seren ambos testimonios unha consecuencia antes que causa das malas políticas, especialmente a seguida prá posta en marcha dos plans de desenvolvemento industrial, que non tiñan financiación suficiente. Contaban, sí, coas remesas dos emigrantes, pero antes houbo que impulsar, ferozmente, esa emigración, a derrota de Galicia. ¿Claves?. A eucaliptización e tamén a importación de gando frisón cando a gran riqueza era o vacuno amarelo, por exemplo o culón de Fonsagrada, como ben investigara Rfo Codina.
-
No meu traballo anterior xa están denunciadas cuestiós como a dita eucaliptización do país, a configuración do deserto verde, que foi pensado como un gran exército de ocupación, unha especie de talibanismo forestal pra findar co rural, pra acabare cos montes como pasto extendido, mantenza pró gando dun e doutro tipo, prá avenza (gando menor) e o armentío (vacas e cabalos), animales rozadores que mantiñan o monte limpo.
-
O perfil da corrupción política está presente tamén aquí, como noutros tipos de agresiós que, pouco a pouco foron acabando co capital natural do país, especialmente na costa, compromentendo a riqueza do litoral, das rías, ata extremos que non se queren publicitar, evidenciada agora (El País, 15.03.2010) a traición do Goberno de ZP, vs. ministra Espinosa.
-
Son xa 1338 as aldeas sen habitantes e no último ano 77 quedaron sen presencia humáa, según o INE. ¿Construcción de novas casas no rural cando hai tanto por restaurar? Pergunta coherente, sí. ¿Construcción de novas urbanizaciós en cidades como Pontevedra, cidade cun recinto histórico decote máis deshabitado? Non, e tal vez a corrupción apunte aquí en dirección ó cambio de calificación de chan que, convertido en solar, debe servir como soporte prós edificios nos que queren reubicar ás xentes que fuxen do Gulag local, do barrio histórico sistemáticamente degradado.
-
Siguen unha serie de enlaces con noticias non necesariamente acreditativas da realidade actual, con inductores como certos clústers, mesmo intermedidados por políticos presuntamente pringados.
-
-
-
-

No hay comentarios: