miércoles, 17 de marzo de 2010

OS IVAS D´OURO

Montoro en La Razón. Poderiamos retitula-la súa viñeta como "a galiña dos ivas d´ouro", porque de iva vai a cousa.
-
Pontevedra, 17.03.2010
-
Entrada n. 1202 do blog
-
OS IVAS D´OURO,
por Xesús López Fernádez
-
Desprecio social i empresarial total á política de sobi-lo iva dous puntos nun momento de deterioro da nosa economía como non se lembra, cando parece que unha de cada tres familias españolas ten serios problemas pra chegare a fin de mes. Afirman algús historiadores, incluso, que témo-lo peor goberno de España dende Fernando VII.
-
O PP parecía estar, coa boca pequena, en apoio do Goberno. Tivo que ser Esperanza Aguirre a que chamase á cordura da rebelión. E agora tamén o seu partido parece ter atopado un filón pró seu desgraciado marketing. Abondou con relembrar que con Felipe González e con motivo dunha sobida nese imposto, do 12 ó 15 por cen, a recaudación do Goberno baixara un 11%.
-
Que sigan desestabilizando o país, porque caen chuzos. Angela Merkel acaba de avisar que os paises que non cumpran cos plans de estabilización deberán ser expulsados da zona do euro. ¿Un aviso pra España?. Parece. E tamén parece que o PP necesita un novo líder: Esperanza Aguirre, que acaba de asustar ó PSOE de ZP.
-

2 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

Volvemos a los tienpos de "¿lo quiere con factura o sin factura"?.
No sólo no van a recaudar más, sino que van a retrotaer aún más el consumo y por ende a aumentar el ya de por sí escalofriante paro.

xesús lópez fernández dijo...

Unclaro crecemento da economía opaca. Pra eso vai servi-lo invento de "máis iva como salvación".