viernes, 3 de diciembre de 2010

REVENTADORES DO IDIOMA

Icono reiterado neste blog, pensado prá representación do caos normativo, da desfeita do idioma dend´as diversas normas alóglotas, que hoxe traio aquí de novo a raiz da aparición, no ABC, dun traballo de Hermann Terscht, "Rojifascio universitario".
-
Pontevedra, 3.12.2010
-
Entrada n . 1371 do blog
-
REVENTADORES DO IDIOMA,
por Xesús López Fernández
-
Cando vai morre-lo ano lémbrome de novo de Uxío Novoneyra, de cómo el chegou acusare ós creadores das normas do 1983, tamén ó Instituto da Lingua Galega, á AS-PG e ó fato dos reintegracionistas de seren forxadores da lingua da non-patria, o que moitos vimos denominando "o galegués". É máis, Novoneyra --que non chegou conoce-las últimas normas, as da RAG do señor Barreiro, o das "grazas" (de nazas, din os coñóns)-- acusaría de traición ós autores que non asumiran a fala das aldeas, as depositarias i elaboradoras da fala como creación social, algo aínda non comprendido polos camisas pardas que actualmente queren ter voz na literatura galega, que xa non existe como tal.
-
Un exemplo que xa teño posto é o do feito de que, en Pontevedra, onde os nazionalitaristas tentan pasaren por galeguistas, este ano non se lle puxo escaparate a Uxío na praza da Ferrería por teren descoberto esa afirmación do autor caurelao de estaren eles instalados na lingua da non-patria, asumida por políticos de distinta caste por lle teren dado oficialidade a unha serie de palabras que nunca foron galegas e que non pola enxeñería estalinista aquí levada a cabo coas normas da deriva chegan a se identificaren coa psicoloxía da nosa lingua, siguen sendo extrañas, por moito que nos queiran decir, reiterar, prohibir ou impoñeren os iluminados da Mesa pola Normalización, que habería que dinamitar.
-
Prohibida a libertade na fala, afogada a lingua secular desta terra, non sei se o noso caso non será máis grave aínda qu´o que denuncia Hermann Terscht no seu artículo, atinadamente titulado: "Rojifascio Universitario". Aquí tamén é roxifascio, veñan os discursos de onde veñan e polo medio que usen pra nó-los facer chegare. Cando se acaba coa lingua dunha terra acábase coela como patria, cométese un ataque visceral contra todas e cada unha das casas desta terra con tradición como transmisoras da fala. Profánase o pensamento, a libertade, como en moitas aulas universitarias nas que os roxifascistas prohiben debatir, dialogar.
-

No hay comentarios: