

ó aire libre...

-
Pontevedra, 15.12.2010
-
Entrada n. 1383 do blog
-
A VASURA NA ZONA VELLA,
por Xesús López Fernández
-
A peatonalización salvaxe imprantada na zona, a proliferación en demasía de tascas con poucos escrúpulos sanitarios, algunhas veces os cans presentes de paseo polo barrio, o propio recorrido do camión da vasura que ás veces vai deixando unha escorrentía de lixiviados de restos orgánicos e aceites, foron convertindo a zona vella nun lugar de cada volta máis sucio.
-
O trapicheo, mais que ocasional frecuente, arrastra tamén a certos lugares a un público incómodo, mantendo vivo o terraceo ás veces ata as catro ou máis da madrugada. E os residentes somos testigos do malfacer do goberno local, de cómo se foi acabando co comercio tradicional, reconvertindo nalgún caso en tabernas [modelo de cidade do Bloque] certos locales, outros mortos ou en situación de coma prolongado.
-
Agora volven co tema dos contenedores e, como xa temos denunciado neste blog por activa e pasiva, non se lles ocurre mellor cousa que eliminalos dos "lugares emblemáticos" pra reforzaren aínda máis o papel de sumidoiros de miserias das rúas San Sebastián e Aduana, tras da Facenda, pola que dificilmente se pode transitar e que parece ser é o único espacio onde aínda poden aparcare os residentes da zona vella, a vía d´acceso ó comedor de San Francisco, somo se o Concello tentara aportar unha maior degradación á situación que viven moitos dos que alí acoden pra poder seguir vivindo.
-
Menos mal que, en principio, acordaron mante-lo sistema vixente, con menos presencia en xeral de colectores, pra máis desgracia das rúas citadas ou de Cobián Roffiñac, Arzobispo Malvar e Avda. Buenos Aires. E o traslado das bulsas ós novos destinos pode representare neste momento e nalgús espacios, un certo peligro.
-
Foi unha pena que, xa postos, e dend´o comezo da desconfiguración da zona non se preocuparan de dotala de colectores soterrados, algo que funciona nos lugares onde se xestionan debidamente. Pero temo que volvan aínda á pirueta que na recollida facía o camión da vasura na rúa Cega, entrando marcha atrás dend´a praza dos Porros ou da Verdura, marcando de paso os canzorros dalgún voado e lascando o enlousado dalgunha fachada, por exemplo no edificio n. 21 desa rúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario