domingo, 12 de diciembre de 2010

LORES, O SEU NECIO DISCURSO

A irracionalidade dos clústers ten levado o mar de Marín, o mar de Pontevedra, as xunqueiras todas a unha situación agónica. Agora acaba de botare un discurso o alcalde Lores, en galegués, do que o Faro de Vigo inclúe partes do seu espiche antiecolóxico. Véselle ben o rabo ó que nalgún tempo presumía de defende-la sustentabilidade: na cidade como na ría, todo mentira.
-
Pontevedra, 12.12.2010
-
Entrada n . 1380 do blog
-
LORES, O SEU NECIO DISCURSO,
por Xesús López Fernández
-
Lores recriminou onte ó alcalde de Marín porque nese concello tentan, contencioso en curso, que Pontevedra non teña representación na Autoridade Portuaria. Ah, pero o carguiño, as dietas, todo eso preocupa ós que andaban pola vida noutros mesteres e, de súpeto, atopáronse con que tiñan que tomar decisiós que só tomaron no mal sentido, atados por unha forte baraza ós intereses dos clústers.
-
A Lores dóelle a posible perda de representatividade do seu concello, o que primeiro traicionou ó mar, no ente portuario. E a eso chama discusiós manidas. Pero di algo con sentido, cando afirma no seu incomestible galegués que o que tiñan que facere é estar a definir un "espazo", un espacio pra alí colocare as industrias que poidan ter relación co porto sen necesidade de ocupar lugar nel. Dito así como pra xustificare ou solapa-las súas culpas na incuria política que levou a ría ó desastre actual.
-
Preocúpalle o futuro das empresas localizados nun recheo que, a expensas do que ocurra, teñan que seren levantadas del. Discurso político que esgaza cando di que o tempo se nos bota enriba "e o que hai que facer e garantir o futuro do porto, que teña máis tráficos, mellores comunicacións", cando o futuro dese porto pasa por redimensionalo, reducilo, o que se pode conseguir devolvéndolle a súa vocación de porto prá pesca. ¿Ónde vai a sustentabilidade do seu discurso doutrora?
-
"se hai outras persoas que siguen centradas na leira, eu non o comparto". Esa é a parte máis opaca do seu discurso porque, claro, el nunca estivo centrado na leira, senón que foi parte no deseño final prá morte desta ría, na súa petición urxente en Maio do 2000 da construcción do ferrocarril que lesionaba a vida da ría toda á par qu´o espacio demanial das marismas de Lourizán. I el e o seu equipo foron cómplices en recheos ou non actuaron en relación con empresas que viven unha situación de ilegalidade permanente: Ence, Elnosa, Holcim, tema éste sobre o que se diría exerce como un prevaricador constante.
-
Non ten que facer outra cousa que retoma-la carta de Aalborg, explicare por qué non redactaron, co seu PXOM, a Axenda21Local. E sobre todo leere de novo a carta de Salvemos Pontevedra apresentada por rexistro o 14.01.2004. Aí están as claves pra unha actuación salvífica coherente. Pero, non, non quixo asumi-lo contido daquel escrito a pesar da súa promesa primeira, cando respondeu agradecido cunha especie de carta d´amore pola existencia dunha agrupación ecoloxista cunha filosofía medioambientel semellante á súa. Pero había que cambia-la carta de presentación do escrito, darlle outra redacción, o que se fixo pra unha nova presentación por rexistro municipal, que novamente non aceptou. Nesa actuación, en exercicio da acción pública, estaban presentes Salvemos Pontevedra, a Federación Castelao i Estriceres. Tamén Os Verdes de Pontevedra. Nesa actuación como noutras, Salvemos Pontevedra estivo a representare un papel semellante i en pequeno, ó de Wikileaks, porque a corrupción tamén está, estaba xa aquí asentada.
-
A Lores fáltalle verbo pra seguire a contare mentiras. O seu discurso, necio, xa non é creíble nada máis que prós necios. I está claro tamén que Lores non actúa como impulsor na execución das sentencias sobre o Porto e máis o ferrocarril. Etc.
-
Enlace:
-

2 comentarios:

josele dijo...

El necio discurso de un necio... de izquierdas...

Salvemos Pontevedra y Xesús López "Assange" desvelando las tramas de la podredumbre !!!!!!!!!!

o blog de xesús lópez dijo...

Non é pra tanto, Josele, que pouco se di.
Non sei que me pasou que me quedei sen contados, que debe ir agora polos 36200 ben pasados.
Saúdos.