-
Pontevedra, 3.12.2010
-
Entrada n. 1372 do blog
-
AIRES NOVOS PRA PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Non sei se pode haber esperanza prós pontevedreses deslocalizados da súa natureza e cidade. Esmagada ésta, arruinado o comercio, cegado o seu sistema viario, resoan os versos do clásico: "Camino por donde quepan dos, no lo hallarás en Galicia, aunque lo pidas por Dios", a gobernación aldeáa de corredoira aquí transferida. Non sei se a esperanza pode estare aínda acobillada nunha sociedade civil como a pontevedresa, á que lle foi negado o sal, traicionada por asociaciós convertidas en apoloxetas do réxime local. Unha desgracia.
-
As xentes d´Os Praceres están dispostas a probaren de novo e parecen ter como lema o de "¡Nós sí defendémo-lo Estado de dereito!" Poden berrar máis que Zapatero nos seus mitíns pra desautorizaren ós grupos que están na gobernación, ou na oposición local. Deséxolles sorte e que ninguén se lles apropie do discurso que prós demáis estaría fóra de lugar, sería unha falacia.
-
Outra noticia prá esperanza é a configuración da candidatura de Pontevedra Alternativa na que ven de se integrar Leoncio Feijóo Lamas, un home cabal que veu sinalando, de forma distendida, os disparates feitos polo bipartito: dez anos de gobernación no mal camiño, de configuración dunha ruína total, Pontevedra como pozo de miseria que ten hoxe como referente en restauración --falo de restaurantes-- o comedor de San Francisco. O comercio xa non existe. E, deslocalizadas moitas das Delegaciós, o centro de gravedade da urbe vella volveuse un claro deserto.
-
Sin outro comentario desta volta, inclúo un enlace no que poderedes escoitare activando o "play", o recitado que fai Elena Walsh, incluído nun poema sinfónico de Lito Vitale. "No hay túnel que dure cien años, vida mía... Y vós y nós fundamos aires buenos". A ver si coas candidaturas citadas, que deberán estudia-las súas posibilidades, é posible unha refundación de Pontevedra, o retorno do mar que hai tempo están a botaren fóra das nosas vidas. Aires novos pra Pontevedra.
-
Enlace:
-
VientoSur: Elena Walsh/Lito Vitale. (Escoitade o recitado, leéde a letra) O post cobra así máis sentido, máis fondura.
4 comentarios:
Si algo se puede decir de Leoncio Feijoo Lamas es que, ante todo, es un hombre cabal y sensato. Y buena persona.
Justo lo que necesitamos para la ciudad.
Sí, mais coido iría mellor como número 1, pra te-la seguridade de que estaría na próxima corporación.
Vexo qu´o seu blog aumenta célere o número de visitas. I éso é bo. Agardemos que, d´aquí a Maio, o número faga masa crítica, anunciador dun cambio certo.
Dóeme que eles e mais ICPraceres se poidan magoar, limita-las súas posibilidades e quedárense ámbo-los dous grupos fóra.
Sería triste que por falta de sociedade civil que comprenda as miserias derivadas da gobernación estalinista, os grupos cos que a rexeneración sería posible queden fóra da gobernanza da cidade.
Saúdos.
Ah, unha cousa que talvez conveña citar aquí. ¿Sabes quenes alegaron contra a construcción, presuntamente ilegal, da ponte de San Benito, nos salóns do Lérez? ¿Sábelo? Dúas nada máis: o noso común amigo e mais eu.
Que conste. E que conste qu´aquel espacio ten a protección máxima.
Pero un acordo antre Louzán e Mosquera, con nocturnidade e alevosía, sirveu pra decreta-lo desastre e pra que os seus partidos manteñan a falacia dun discurso que non é discuros.
Sí señor, las dos únicas personas que representan sociedad civil pura en esta ciudad (casco urbano) alegando juntos: Leoncio Feijoo y Xesús López.
Si yo pudiera decidir, me gustaría que Xesús López fuera de número tres en esa candidatura !!!!!!!!
Y una alianza estratégica con Placeres. ¿No habrá alguna persona conveniente para integrarla en P.A.? ¿alguna mujer??
Gracias, Josele, pero Xesús López xa non está en edade d´emprendere novas aventuras.
Teño d´abondo con administra-lo meu blog e coidare da vista, que me sigue privando de facer cousas.
E quero darlle o meu apoio tamén ás xentes d´Os Praceres.
Coido que unha candidatura de síntesis antre eles a P.A. había ter posibilidades certas. Seguro..
Publicar un comentario