


-
Ponteveda, 4.12.2010
-
Entrada n. 1373 do blog
-
TERRAS DE PONTEVEDRA, A FALACIA,
por Xesús López Fernández
-
Onde antes estivo radicado o cuartel da Policía Local, no edificio construído no solar da antigua Casa da Luz, co espacio das arcadas maxinado como lonxa, o certo é que ésta nunca funcionou como tal, pensada prá venta de verdura na cabeceira da praza que leva ese nome. As verduleiras non se afixeron a ese espacio, pero operaban no resto da praza.
-
Co tempo, a Policía precisaría da zona das arcadas, que cerraron despois dun longo debate coa Delegación Provincial de Cultura. O edificio quedaba así blindado, ata qu´o Bloque comezou a gobernare, momento no qu´a Policía foi trasladada a un recanto húmedo no Auditorio da Xunqueira, outra das monstruosidades aquí feitas contra os dominios do mar. E déronlle ó vello cuartel novo uso, pra noites abertas e outras caralladas, cursiños de non se sabe ben qué, mesmo pra llo ceder en uso presuntamente a algús subvencionados ó servicio do Diktatt.
-
Pilar Rojo, venganza triste, obrigoulles a levanta-lo cerre das arcadas, co que o espacio recuperaría algún dos vellos usos, como mexadeiro ou "fogar" de noite dalgún sen teito. E polo día, espacio pró entreno dos skaters que, pouco a pouco, irían esgazando gran parte do enlousado, ademáis de constituiren un suplicio pró vecindario.
-
Louro, ¡ouh, lámpara d´Aladino!, tivo a idea de montare unha nova oficina de Turismo, e nas obras, que non se terminaban --agora parece que sí-- deberon gastare uns cen millós das vellas pesetas. Pero a verdade é qu´alí non entra nadie, ou case nadie: unhas pantallas xigantes mostran, sí, algún vídeo sobr´as nosas maravillas paisaxísticas, pra deleite de poucos e, talvez, dos non poucos porreiros que por alí toman asento, como iguanas.
-
Eu non desboto a idea de qu´a oficina poida ter unha futura aplicación como tanatorio; pero non, claro, porque os coches están prohibidos. E, de momento, ocurréuselles a parida de se botare ó mar, de montare un servicio de taxi de ría que acaba de "inaugura-lo noso prócer e ilustre alcalde", cando podemos telumbrar que, en pouco tempo, non vai haber navegación posible, porque o que queda de río, ó priva-lo vello conxunto intermareal da ría da presencia do mar por unha desecación das xunqueiras, relicarios de vida, propia de descerebrados, foise quedando sen calado, xa que era o mar que penetraba e regresaba o que mantiña vivo o canal central, que xa non existe. Etc., etc.
-
En fin, pódome extendere no comentario, pero vouno deixar e incluire dous enlaces nos que dan noticia do acto inaugural.
-
Enlaces:
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario