viernes, 3 de diciembre de 2010

NON SABEN O QUE DIN

A gran loita dos voluntarios contra o vertido do Prestige. Aínda que non se vexa, o fondo da ría de Pontevedra pode ser algo así, sen voluntarios que lle poñan punto final a tanto disparate. No lugar do Prestige está o complexo de Lourizán, as poboaciós que non depuran, os clústers do Porto, a propia e ilegal edar d´Os Praceres. (Pintura informática de Xesús López)
Ence quer licencias pra queimare aínda máis do que fai coas prantas de coxeneración con que conta no propio complexo.
-
Pontevedra, 3.12.2010
-
Entrada n. 1370 do blog.
-
NON SABEN O QUE DIN,
por Xesús López Fernández
-
É volver coa mesma matraca tantas veces aquí reiterada, porque desta volta é a concelleira do PSOE, Celia Alonso, que no mandato anterior e polo seu labor en Xardíns conseguiría unha maior presencia do seu partido no Concello, a que está a falare. Agora, como encargada de Medio Ambiente Natural, non evidencia a súa presencia, porque falare da Xunqueira d´Alba como "enil" ou "lic", non deixa de ser algo impropio.
-
O Faro publicou unha noticia-entrevista na que a muller fala da próxima desaparición de fumes contaminante a corto prazo ou da depuradora ilegal d´Os Praceres como algo definitivo nun saneamento que non é tal, que non está senón máis que ó servicio dunha contaminación crecente da nosa ría. A tan reiterada cita da Lei de Costas volve ser coherente, pero eu prefiro animar ós internautas a que consulten o texto desa lei, que está na rede, polo menos que consulten o artículo 44.6. Ademáis de que esa presunta ilegalidade está denunciada ante os tribunales de Xusticia.
-
Lean e analicen as declaraciós da "pitonisa" do PSOE en materia medioambiental, que non se decatou de qu´a materia que lle metían nas mans precisaba doutro tratamento, anulación d´obras, desmantelamento da edar d´Os Praceres e promover incluso o retorno dos fondos de cohesión recibidos d´Europa. A ver se alguén, dend´a oposición ou dend´o mundo dos blogs, decote máis vivo, lles pode relembrare as claves do Estado de dereito. ¡E que non volvan con novas manifestaciós-marchas sobre Lourizán! ¿Pra cando a próxima? Estou a telumbrare que a APDR vai convocar, desta volta, pra alá polo mes de abril ou maior. ¿Apostamos?
-

2 comentarios:

josele dijo...

No saben lo que dicen, ni lo quieren saber, que es lo peor.................

Pero la revolución se acerca. Es cuestión de tiempo que los ciudadanos normales le pierdan el miedo a los perros guardianes del Gran Poder. Y entonces los mafiosos deberán sentarse desnudos para el juicio final ante el pueblo pontevedrés.

(muy buena la pintura digital. enhorabuena)

o blog de xesús lópez dijo...

¡Qué bonito o estás a pintar! Mafiosos de dentro e fóra da Política; os clústers e capos infiltrados no Poder, todos eles espidos ante o tribunal cidadán restaurador da legalidade, canso de aturar ofensas e ruínas ó longo d´anos e anos de ver como arruinan o patrimonio urbán, de cómo funden a propiedade particular, de como esgotan e acaban coa Natureza, desta volta simples augadores dun Lérez que van deixaren sen auga... ¡Ata qu´algún grupo entre, con ou sen pancarta, nun pleno pra lles perguntare, máis ben demandar. "¿Por qué non leedes o escrito de Salvemos Pontevedra do 14.01.2004, apresentado por rexistro?". ¿Por qué tanta incuria, tanto presunto caceo e corrupción...?