martes, 7 de diciembre de 2010

CASA DE CARMEN GALLEGO, EXECUCIÓN DE SENTENCIA

Casa de Carmen Gallego, ex conselleira de Pesca, que parece ter xa data de derribo.
-
Pontevedra, 8.12.2010
-
Entrada n. 1375 do blog
-
CASA DE CARMEN GALLEGO, EXECUCIÓN DE SENTENCIA,
por Xesús López Fernández
-
Noticia do 7.12.2010, do Diario de Pontevedra, comarcas: A Xunta comeza os trámites pra demole-la casa de Carmen Gallego, en Vilaboa. Crónica de Águeda Piñeiro (Vilaboa)

Parece que xa non hai marcha atrás. A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras emiteu a notificación de execución da sentencia de derribo da casa da ex conselleira de Pesca Carmen Gallego.

O seu ex marido recibeu o 6.12 a notificación da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística pola que se rexeita o penúltimo recurso contencioso-administrativo interposto polos seus avogados, en relación coa prescrición do delito urbanístico, á vez que se acepta o recurso de Salvemos Pontevedra prá execución do acto de derrubamento da mesma, sita en Riomar, Santa Cristina de Cobres, dentro da línea de afección da costa.

Pilar Díaz, presidenta da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), resolveu o pasado día 3 a execución da sentencia, «levando a puro e debido efecto a demolición da vivenda». Queda establecida unha data pra qu´os técnicos visiten a mesma e realicen o proiecto de demolición cunha data tope que aínda non se comunicou. Os técnicos van estare o día 14 pola mañá na vivenda pra realizare a correspondente inspección.

O servicio de vixía do litoral estivo encomendado precisamente á Consellería de Pesca, e a sentencia de derribo da casa viña xa da época de Enrique López Veiga, ou antes. O tema foi solapado sine die. Pero o cargo de conselleira parecía caerlle moi gordo a Carmen Gallego, que quixo obviar sempre a cuestión da súa casa sentenciada.

¿Por qué non funciona máis célere, máis áxil, o servicio de disciplina urbanística, neste caso como noutros xa sentenciados ou que poderían estalo, presuntamente, cun TSXGalicia no que non se dormiran, ou eso parece, os expedientes. ¿Por qué teñen que sé-los cidadáns os que, no exercicio da acción popular, teñan que sinalare á Xusticia posibles evidencias de ónde está o cáncer da ilegalidade, da corrupción? ¿Pra cándo Ence, Elnosa, Holcim, pra cándo a execución das sentencias do TS sobre o ferrocarril e os recheos do Porto?

Tamén informan:

La Voz de Galicia, 8.12.2010: A Xunta notifica á ex conselleira a orde de derribo.

Faro de Vigo, 8.12.2010: A Xunta inicia o procedemento de derribo da casa da ex conselleira de Pesca.

El País tamén informa, 8.12.2010: A Xunta ordea demole-la casa da ex conselleira de Pesca.

La Opinión, 8.12.2010, nos brinda novas declaraciós de Carmen Gallego sobre a "non-existencia" de sentencia firme.

20MINUTOS.es. O TS DECLARA COMO FIRME A SENTENCIA DE DERRIBO DA CASA DE CARMEN GALLEGO.

meinteresalavida, 11.01.2010: La licencia de Carmen Gallego Calvar. (DE LECTURA RECOMENDADA)

LA REGIÓN, 8.12.2010: A Xunta anuncia que vai demole-la casa da socialista Carmen Gallego.

El País, 14.09.2010: REvés en el Supremo para la ex-conselleira de Pesca.

meinteresalavida, carta a Touriño e Quintana sobre REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA. (DE "OBRIGATORIA" LECTURA)

ElPaís.com, 9.12.2010: Vilaboa, con alcalde socialista, quere legaliza-la casa de CArmen Gallego. Pero unha cousa son os núcleos tradicionales mariñeiros, coa súa economía relacionada co mar, outra os creados contra o sentido común, contra a Lei de Costas, pra un maior deterioro do noso litoral.

3 comentarios:

josele dijo...

Un nuevo éxito de "Salvemos Pontevedra! !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Y no debe entenderse como acción vengadora, si no como una acción educativa (para la población civil) y sanadora (para la clase política, que debe aprender en carnes propias el significado último del cumplimiento de las legislaciones que ellos mismos aprueban)


Dura lex, sed lex. Y que sea para todos, no sólo para la torturada sociedad civil.

Enhorabuena.

(la próxima vez que quieran redactar una ley del suelo o un pxom, que se lo piensen mejor....)

o blog de xesús lópez dijo...

Acción vengadora, nunca; acción sanadora sí. E a ver si a execución desta sentencia pode valer pra que a Administración colla carreira noutras que están pendentes.

A cuestión qu´agora comentamos non ten comparanza coa actuación contra aquel probe home, de Poio, qu´o sacaran da casa en pixama. Despois iría dar a unha residencia. Pero é qu´a zona aquela, en Combarro, está totalmente desgradada, infectada pola presunta corrupción: a banda atoda da ría ata Sanxenxo.

Eu rebélome contra o feito de que teñamos que sé-los cidadáns os que denunciemos; qu´a estulta Administración non actúe contra casos similares se alguén non llo sinala por medio dunha acusación directa.

¿Por qué o TSXG quer bombea-los casos que ten pendentes de resolución ó TS?

¿E por qué o ministerio MARM non fixa o plan de recuperación da vella concesión de Malvar, sen efecto, se o TSXGalicia lle pasou orde o 14.09.2009 de fuxa-lo plan de rexeneración e nomear a un funcionario pra se facere cargo da operación rescate do litoral?

Mentres, parece que incluso Costas pacto co BNG no seguimento do deterioro litoral.

o blog de xesús lópez dijo...

Hai como tres ou catro erratas apreciables.