domingo, 19 de junio de 2011

Ence, tempo de espera

A denuncia en relación con Ence tenta a recuperación do espacio natural, sen fábricas, sen a edar "ilegal", sen a autovía a Marín, evitando a construcción do demencial escalextryc matinado por Fomento, Medio Ambiente e o propio Concello, que suspende en urbanismo e que se meteu na confección dun novo PXOM sen redactare a oportuna Axenda21Local. Eles, os "ecoloxistas". Na foto apréciase o enlace coa autopista, construído na época de Rivas Fontán pra lle dare saída ás cisternas do gas cloro mortal.

Pontevedra, 19.06.2011
Entrada n. 1442 do blog
Artículo semanal.



Ence, tempo de espera,
por Xesús López Fernández

Unha sentencia da Audiencia Nacional, do pasado 19.05.2011, pode revoluciona-la problemática en relación coa fábrica de celulosas que en Lourizán posee o Grupo Empresarial Ence, S.A. A sentencia, dada a conoce-lo 9.06.2011 foi comunicada en roda de prensa o 13 de Xuño pola agrupación ecoloxista Salvemos Pontevedra, que interveu como demandante no procedemento agora fallado. Na reunión cos diversos medios o presidente da asociación, Francisco Díaz Sánchez, fixo un recorrido histórico das diversas actuaciós do grupo, nacido prá defensa do medio ambiente e dereitos humáns, que nunca quixo situarse na línea populista e sí machare polo rego da lei, coa presentación de diversas denuncias e recursos ante varias administraciós, chegando á inevitable xudicialización nos casos nos que un telón de silencio parecía a única resposta sabida por diversos departamentos. Pero ese silencio chega a ser positivo i está no cerne dos fallos que se foron dando:

Así, a vella concesión de Malvar, en Mollavao, foi anulada polo TSXGalicia o 14.09.2009; a de Holcim, que nunca existeu, foi tamén sentenciada pola Audiencia Nacional (silencio sobre silencio xoga a favor do demandante) e recurrida, non se entende con qué sentido, polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino. E agora tocoulle a vez a Ence, codemandada, que vai recurrir en casación. A parte demandada, o Ministerio, anunciou a súa decisión de non recurrir e, dacordo co fallo dictado, proceder nos próximos días a incoa-lo expediente de caducidade da concesión e á adoución das medidas legalmente contempladas prá paralización das actividades e suspensión do uso i explotación das instalaciós. A sentencia chega tres anos despois do recurso de Salvemos Pontevedra. O texto repasa o camiño legal da asociación, que comezou cunha reclamación ante o Ministerio no ano 2004 e un recurso administrativo no 2005, ambos sen resposta.

Salvemos Pontevedra aducía que a concesión coa que Ence opera non é válida, porque foi outorgada no 1958 a unha empresa pública que pouco ten que ver coa estructura actual do Grupo Empresarial Ence, S.A., e porque a transmisión de permiso está expresamente prohibida na Lei de Costas. Salvemos Pontevedra cuestionaba así a creencia xeneralizada e sostida polos representantes políticos que se teñen sucedido no Ministerio e a Xunta de que Ence tiña concesión ata o 2018. A falta de resposta de Medio Ambiente levaría á asociación a presentare un recurso ante o TSXGalicia, que se declarou incompetente a favor da Audiencia Nacional. Cecáis sexa éste o momento de lembrare que a asociación presentara unha denuncia ante o Concello pontevedrés con data 14.01.2004, unha exposición detallada das presuntas concesiós caducadas, prá súa constancia plenaria. A denuncia non foi aceptada daquela nen posteriormente, presentada de novo no mes de Maio. Alí estaba xa a folla de ruta das futuras actuaciós, das que o Concello non quixo saber nada.



Por eso talvez Francisco Díaz, na roda de prensa, dixo que sería bo que estivesen alí presentes o ministro de Fomento, José Blanco, a ministra do MARM, Rosa Aguilar, e Lores. E falou da EDAR d´Os Praceres, tamén denunciada, e do gran escalextryc da punta de Mollavao, que vai supór unha brutal agresión, como no seu día foron a autovía a Marín, a ponte da Puntada, (que o propio ministerio da Vivienda recomendaba ó Concello, no 1971, que non se construira, que xestionasen do Mopu outro trazado pra evita-lo brutal impacto paisaxístico), ou a construcción do ferrocarril a Marín, igualmente cuestionado polo ministerio de Medio Ambiente da Administración Aznar e sentenciado polo TS. Francisco Díaz entende que a sentencia agora dictada facilítalle os traballos ó ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino prá rexeneración do litoral natural de Lourizán, a praia de Pontevedra, un alborada nova pra esta ría. A asociación entende que o discurso do 2018 é xa unha falacia sen recorrido.

Enlace de noticia de lectura recomendada:

5 comentarios:

candela dijo...

Después de tantos años, espero que no salgan con lo de imposible cumplimiento, no es la primera vez que ocurre.

La Administración siempre lo recurre todo porque no le imponen costas si pierde, siempre juegan con ventaja.

Suerte!!

o blog de xesús lópez dijo...

Dios te oiga, Candela.
A mi, realmente, ya me queda poco tiempo para el posible disfrute de la playa de mi niñez, si las cosas evolucionan favorablemente. Sabemos que el camino es largo, pero ya faltó más.

Natalia Pastor dijo...

Ya te dije, querido Xesús, que estas cosas son así; si la administración no recurre se acelerará algo , pero como recurra...
Como bien dice Candela, la Administración tanto central como autonómica recurren todo aunque no tengan razón y sepan que van a perder.

o blog de xesús lópez dijo...

Ya, Natalia:
A la Administración, gracias a este sentencia, se le abren una posibilidades que parecía tener olvidadas, esclava de la inercia.
Esperemos con paciencia. Y actuantes.
Gracias por tu comentario.

o blog de xesús lópez dijo...

Estamos en campaña electoral. E os partidos case non falan da gran corrupción que representa a permanencia de Ence nas marismas de Lourizán, como se todos estivesen enzudrados, como si se tiveran bañado os seus líderes no tremedal das balsas de decantación.
Onte fí falou Rueda Valenzuela, do PP, no sentido de que é impensable que Ence poida deixa-la comarca aínda que larapeteando, sí, do seu traslado. ¿Ónde?
Pontevedra leva sofrido moito traicionada por todos. E a ría é xa case un espacio lodoso, un gran tremedal, polo menos o seu fondo.
Pero nengún partido ten un discurso coherente sobre este asunto, carecen de moral en relación coa Ecoloxía.