Na praza da Verdura existían uns bancos de pedra espectaculares que, no arraso do espacio disposto polo Bloque, ó tempo que cortaron as catalpas do talvez primeiro bosco urbán desa especie en España, retiráronos pra non se sabe dónde. O de cartón que se ve na foto corresponde á campaña dos Verdes no ano 2003, á que lle dediquei daquela un artículo titulado "O marketing dos homildes". Os Verdes nada conseguiron. Faltoulles pouco. E a foto publicada no Diario de Pontevedra debeulles dar vergonza ós talibáns da gobernación local. O neno pode mesmo persoalizare a inocencia, creería que o banco de cartón era un preanuncio da reposición dos roubados, da volta do espacio á súa elegancia orixinal, a mesma loubada por Torrente Ballester cando se filmaron nela algunhas das esceas de "Los Gozos y las Sombras".
Praza da Verdura con gaiteiros ó fondo. A accesibilidade de Mosquera prohibida polo propio Mosquera. Non ás sillas de inválidos; non ás ambulancias.
Entrada n. 1674 do blog
Artículo editado en Pontevedra Viva
A praza da Nova
Economía,
por Xesús López
Fernández
Pola que fora tavez a máis fermosa praza de Galicia,
a praza da Verdura, en Pontevedra, non hai moitos domingos que unha señora,
paseando por alí, descobría unhas pezas de louza das que, curiosamente, tiña
fotografías por seren da súa propiedade. Eran pezas que pra ela e unha súa irmá
tiñan un valor romántico e que deixaran apiadas i embolsadas nun vello piso seu
pra, cando o estimasen oportuno, trasladalas a outro de nova adquisición.
Resultado, aviso á Policía que identifica ós vendores, rumáns/romaneses, que afirman
teren comprado o lote a un portugués. As propietarias recuperan o que quedaba
da mercancía (coido que tres bolsas das catro desaparecidas), o que non
impediría que días máis tarde, contra o mediodía, déranlles aviso de que
alguén, vestido con roupa de “traballo” e coa axuda dunha carreta, estaba
levando máis bolsas do remanente que
quedaba no vello piso, outravolta roubo con forza a pesar das medidas de
seguridade adoutadas.
Hai xa
moito tempo que nesta mesma praza da Nova Economía “revitalizadora” da zona
vella, un amigo mercaba un xogo de café: cinco pezas. Faltaba unha, seguramente
escachada, cando lle roubaron o xogo completo nunha casa de verán, en Paramos,
Tui. O home non formulou denuncia, o que sí fixo outro amigo cando veu que, ó
pé do café Rúas, un fulano tiña expostas cousas que foran roubadas en Lérez, o
día anterior, na casa do seu sogro. Pero máis interesante é o caso de dous
candelabros, á venta na lonxa da vella Casa da Luz, antes de dedica-lo espacio
ás oficinas de Terras de Pontevedra. Unha señora mostra interese polas pezas
mentres outra fai un chamado telefónico. Cando a operación se está consumando
comparece a Policía. A señora que fixera a chamada indicoulles: “son esos dous
candelabros”. O vendedor non tiña factura de compra…. Etc.
Poderiamos
traer aquí non poucos historias de miserias notariadas na praza da Nova
Economía ou denunciar de novo a masiva ocupación dun espacio público polas
terrazas, privatizado por capricho do goberno local á procura de fixa-lo seu
modelo granichán de cidade, tomada polo
“aldeanismo”. A accesibilidade da que tanto fala Mosquera totalmente reventada.
E inda hai poucos días contabanme nunha panadería que se achegara ó seu
despacho un romaní pedíndelle que lle pesara na báscula do pan unha peza
d´ouro. A resposta foi que non, que ademais de non ser de precisión, a
empregada non quería saber nada con esas “historias” de ouro traído ou levado.
Etc. Pero, en fin, parece que o roubo, polo que se ve na praza da Nova
Economía, convirteuse no noso entorno
nunha oportunidade de traballo: pisos roubados con forza, negocios reventados,
etc. Parece como se non tiveramos policía…. Ademáis de trapicheo de droga, estimamos
que frecuente.
Que
comerciantes da Zona Vella e a Federación Boa Vila declararan ante os medios a
súa preocupación pola degradación do entorno da vella praza da Verdura, da
presencia na mesmo de colectivos marxinales, da evidencia do mercadeo, ás
veces, de artículos presuntamente roubados, é algo certamente oportuno. E cerro
xa este comentario coa cita doutro abuso que se dá na praza da Nova Economía,
tamén Nova Ecoloxía. Un auténtico escándalo a altas horas da madrugada. Van
cerrando as tascas e retiran os veladores moitas veces colocados
deshonestamente. Cando xa non quedan clientes e non é molestia pra eles, fan un
chamado telefónico: Comparece, silandeiramente, a carroceta de Satán. Emiten
unha especie de asubío: O taberneiro saca un contenedor, ou máis, con botellas
de vidrio que voltea na carroceta. O
ruído, un tronicio enorme. Desperta o vecindario, choran os nenos. E un, que
non acostuma a facelo, síntese tentado a decir unha blasfemia. Pero, non, que
Deus non ten culpa. Ésta é do goberno
local e dos taberneiros que cerran a hora indebida, axentes “sen oficio” na
praza da Nova Economía. Algo que non se vixía. “¡Os veciños que se fodan!”
No hay comentarios:
Publicar un comentario