Dibuxo fractal, enerxía nacente, laberinto de Lou-lo-Chu, que ámbo-los dous títulos lle teño asignado e retomo pra esta entrada, un traballo xa inserido na web de Pontevedra Viva, na que están recollidos non poucos comentarios, algús con sentido común, outros evocadores do talibanismo que veu sendo norma na peatonalización desta cidade, trufada dos diagramas de Venn do antiguo matemático rotondofílico, causa principal, quizais, da ruína urbanística aquí consolidada. Eso que estaban avisados por algún comentario de Álvaro Siza, arquitecto portugués de sona internacional, no sentido de que unha certa permeabilidade prá circulación de coches era positiva prá saúde do comercio local. ¿Por qué Roma non está peatonalizada?..... Por eso precisamente.
Pontevedra, 27.06.2013
Entrada n. 1679 do blog
Traballo xa aparecido na web Pontevedra Viva con data 19.06.2013
¿Máis peatonalización?,
por Xesús López
Fernández
Prefiro usa-las palabras peatón, peatonal,
peatonalización, que coido son tamén verbas galegas, socialmente usadas. Outra
cousa é que haxa xentes que non-as queiran vere nos nosos diccionarios. Peonil ou peón poden ter, teñen, unha
polisemia que non sempre se ten en conta. Así, peón significa: obreiro que non
precisa arte, trompo ou buxaina, especie de tolete que vai espichado por baixo
das chedas do carro pra favorece-lo atado da mercancía con cordas, tamén
chamado brión (pl. brións, briós, briois), certo tipo de peixe. E inda hai
máis. Pero estou vendo que cando se indica “espacio peonil” pode mesmo estar
referida esa nomenclatura a un lugar pra xogare ó trompo. Mellor, pra ese
enrediño, chan terreiro.
Pero quero
referirme á nova peatonalización anunciada, á aniquilación do tráfego nas rúas
Benito Corbal, Sagasta, Daniel la Sota, Castelao e Cruz Gallástegui, que coido
vai máis alá do sentido común si se tenta manter viva a cidade que, se nalgún
tempo foi toda ela un centro comercial, deixaría de ser cita obrigada prás
xentes dos arredores que agora non precisan entrare na cidade. As grandes
superficies e outros centros situados na periferia, con parking gratis total,
cubren actualmente a demanda dos que foron siareiros da boa vila ó longo de
séculos. A cidade en sí, en gran parte morta, parece vai morrere aínda máis.
Alguén
decía hai uns días que os comerciantes de Castelao e Cruz Gallástegui
demandaban máis peatonalización e que son eles, os tendeiros, os que saben de
circulación. Narices, que todo foi unha campaña montada, presuntamente, por
dous hosteleiros, seguramente con local pequeno, que tentan aumenta-lo seu
terraceo, nalgunhas partes de miseria total. Ocuparían así, como propio e coa
claudicación dunha política urbanística xangal, espacios públicos, como en
Curros Enríquez, praza da Verdura; a miseria mercantil na que se veu
conformando a cidade, parques temáticos se o tempo o permite: demostración de
malabares, fabricadores de pompas de xabrón e outras demostraciós de
mendicidade.
Lembro
agora un vello artículo, “O laberinto de Lou-lo-Chu”, no que se describía a
reconversión da urbe ós diagramas de Venn, a perda da circulación radial, a
anulación das arterias e a imprantación da circulación por medio de grandes
bucles urbanísticos e caóticos. No artículo aludido deciase que un camión
entraba na García Sánchez dende o
espacio da Audiencia. O conductor, un
chino, parou un momento pra perguntare: ¿Avenida de Lou-lo-Chu?. Un amigo meu,
que o atendeu, presinteu que o que realmente quería decir era: “¿Avenida de
Loureiro Crespo?”. “Sí, sí, Lou-lo-Chu, Lou-lo-Chu" dixo o conductor un par de veces. E, como puido, o
amigo indicoulle o camiño a seguir por García Sánchez, praza de Galicia,
Eduardo Pondal, e que máis adiante volvese perguntare.
A nova
actuación vainos convertire en máis laberinto de Lou-lo-Chu porque a nosa
sociedade non soubo comprendere o que sí se evitara na época de Rivas Fontán,
cando máis de catrocentos comerciantes se opuxeron á peatonalización da zona
vella. Lembremos que incluso no 1997 Ernesto Filgueira se manifestaba en contra
da peatonalización salvaxe que algús promovían e que el mesmo apoiaría xa co
Bloque no poder. Hoxe, a cidade está claudicando. E a deslocalización das
familias, ese marcharse cara fóra, é consecuencia da denunciada
peatonalización. Co novo arrebato peatonalizador, ¿qué vai pasar co Hotel Rías
Baixas? A ver se aínda hai sentidiño pra non face-lo que xa está denunciado.
Pontevedra, 19.06.2013
1 comentario:
Este es un blog completamente independiente: español, gallego, católico.
Si tienes una filosofía de la vida parecida, no tengo ningún inconveniente en aceptar tu propuesta. Creo que, efectivamente, hay muchas entradas que deberían haber tenido una mayor acogida.
Un saludo,
Publicar un comentario