E así nos vai. O país en mans de incompetentes. Cada vez a peor. Nada ten de particular que estas luminarias idearan a estafa das preferentes. Trátase dun chiste de Caín, en La Razón.
E novamente Caín distingue á hora de clasifica-las grandes forzas do país:corruptos e corruptores.
Esteban, en La Razón, humor áxil: ¿Qué pode convir máis prá solución de tanto problema como ten o país? A linguaxe mendaz de dous "cerebros" parece unha coña...Ó mellor ata están a falaren das preferentes.
E novamente Esteban a falar, desta volta, de corrupción interanual, que así vai a política. Ó mellor, ós cidadáns parécenos corto ese 4 por cen.
E como a corrupción é normal en case tódo-los partidos e instituciós, Esteban apunta de novo unha solución maxistral: Unha alternancia pacífica nos escándalos.
Entrada n.1676
Artículo publicado en Pontevedra Viva
A estafa das
preferentes,
por Xesús López
Fernández
As Caixas de Aforros naceran como
entidades con finalidade benéfico-social, cultural, científico, profesional….,
chegando a gozar dun prestixio certo. Os aforros familiares eran aplicados,
normalmente, a cretos prá adquisión de vivenda e por esa vía non poucos
cidadáns accedemos a un piso en propiedade. O comercio entraba xa na órbita
bancaria, era outro mundo. Pero algo comezaría a se acelerare nas caixas que,
xa foran de ámbito provincial ou municipal, a celebración do consello sería de
cada volta máis frecuente, dietas, dietas, na medida na que ían entrando no
mesmo máis e máis políticos. E foron éstos os que desnaturalizaron estas entidades.
Presuntos especuladores do
ladrillismo ou da recalificación, marcaron un ritmo novo prás vellas caixas e
comezaron a entraren en eidos que non lles eran propios, mesmo no mundo
industrial. As caixas comezarían así a sofriren tensiós en virtude dun
crecemento non orgánico, dictado pola cobiza política. E viría o tempo das
fusiós non queridas. ¡Se o propio Fraga non ocultaba a súa arela de que Galicia
tivese unha caixa única e forte, algo do que o país enteiro coido está
arrepentido! E os políticos nelas infiltrados seguirían coa súa idea de
entraren en productos especulativos. Pero, claro, é moi fácil xogare cos cartos
dos demáis, cousa que as caixas nunca fixeran, pero os políticos comezarían a
deseñaren novos e tóxicos productos. E así naceron as preferentes e
subordinadas.
“Temos un producto que pode ser bo
prós seus aforros. En conta a prazo case non lle renden nada, pero coesta oferta
que lle brindamos, mediante a inversión en fondos garantizados, a partir do
segundo ano poderiase beneficiar –falaban de ata un 40%-- das plusvalías que se
vaian producindo“. “¿E se non hai plusvalías? Mellor, non, que vou necesita-los
cartos en breve”… En fin, operación mal explicada (pero entendida no caso
citado) na que moitísima xente quedou prendida, a maioría sen comprenderen o
que lle acababan de colar, cómo quedaban os seus aforros. Xentes homildes en
moitos casos, algunhas completamente analfabetas. A evidencia dunha gran estafa
aparece concretada en non poucos casos.
Non parece haber unha clara saída
prás víctimas das peferentes e subordinadas, productos deseñados, parece, polo
demo. As xentes fan ben en protestaren ante distintas instancias oficiales e,
cínicamente, algús dos políticos ante os que protestan, como se fosen criaturas
anti-sistema aínda tendo nómima privilexiada dentro do mesmo, enfúndanse a
camiseta identitaria dos reclamantes. Pero eso por parte dos políticos, os
inventores da desgracia á que estas xentes se viron abocadas, non pasa de douda
bufonada ante tanto drama concentrado ás portas dos edificios oficiales, mesmo
nos salós de actos; drama que coido conta xa con diversos suicidios, un deles
en Pontevedra, un home de 82 anos que non deixou nota algunha –¿pra qué, se lle
asesinaran a esperanza?--. A súa viuda, Dorinda G.C., sí conocía a causa da
decisión do seu home, “preocupado pola súa saúde e porque tiña diñeiro atrapado
nas subordinadas”.
E todo, suicidios, ruínas ou quitas
de máis do 60%, por se teren metido os raposos no galiñeiro, os políticos nas
caixas e desnaturalizalas, que agoran son bancos, polo visto. E parece que non
hai culpables, que os políticos nunca levan culpa, están blindados. Desgracia
de país.
Pontevedra, 12.06.2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario