Manuel Pizarro, turolense, aire fresco pró PP. A ver se o PSOE tamén se refresca con algo máis que discursos e descalificaciós.
Pontevedra, 18.01.2008
Entrada n. 409 do blog. A campaña electoral comeza a tomar pulo. Noticias como a de que Gallardón non vai ir como número dous do PP ou a indefinición de Rajoy en resolve-la crisis, están sendo examinadas con lupa por moitos españoles, especialmente pola oposición, que valora o afastamento de Gallardón como negativo, como se o alcalde de Madrid fose un deles. Hai algo aquí que parece non ter moito sentido. Se, por outra banda, o presidente do PP acaba de presentar como segundo da lista por Madrid a Manuel Pizarro, eso parece ter acendido certas alarmas no PSOE que acaba de conecta-lo molinete da merda, o ventallo das inxurias contra o ex-presidente de Endesa, daquela o gran triunfador.
Acusan a Pizarro de tabeirón. Fernández de la Vega táchao de indecente. E o simplón de Solbes ven de retalo a un debate pra que o home matice algunhas das cousas que dixo dende o primeiro momento, coido que todas cargadas de sentido común e nunha lingoaxe que todos entendemos: que si o diñeiro non ten mellor sitio onde estar que no peto dos contribuíntes e moitas outras cousas sobre o endebedamento do país e a recesión económica que todos notamos na economía familiar, e na que non creemos teña nada que ve-la propina á hora de toma-lo café, unha das paridas de Solbes, ou que a caída libre se poida correxir consumindo coello, como chegou decir Zapatero. .
Se Pizarro foi triunfador na Opa contra Endesa promovida polo Goberno, Caixa Catalana e outros intereses, non hai dúbida que xa daquela estivo traballando prá economía española. Que por outra banda teña fichado polo PP pra dende o primeiro momento té-lo carnet na man e suda-la camiseta é algo que o honra e que deixa aparcado inequívocamente o calificativo de inependente como moitos que, dende o sector privado, entran en política.
A min sorprendeume gratamente esta mañá cando oín a súa interveníón en Onda Cero. Palabras precisas, nada da lingoaxe en términos de macro ou microeconomía, da forma ampulosa de cobrir un discurso balainzo, sen contido. Se por outra banda é certo que é un defensor do medio ambiente, será bó que imparta cátedra dende xa antre as xentes do seu partido, que aínda non teñen a asignatura aprendida. E o que vale pró PP vale tamén pró PSOE, herdeiro na nosa terra de moitos dos disparates comezados na era Fraga. Se por herdar herdaron o mausoleo de Monte Gaiás. E O Plan Sectorial das Piscifactorias, que non quixeron derogar, senón facer un novo como modificación do de López Veiga. Vergonza.
Pero volvamos a Pizarro, do que iremos tendo un dibuxo máis completo nos próximos días, á parte de que o home abandona a empresa privada pra loitar por lle devolver ó país algo de sentido común, si se pode decir dese xeito, cando estamos inmersos nun caos do que nada bo vai sair, porque na folla de ruta do PSOE parece que priman cousas, no seu programa, como: Observatorio da Laicidad, Nova Lei do aborto, mesmo a súa apoloxía apoiada por feministas que din ter abortado, por certo que sen perde-lo sorriso, a ledicia de vivir, ou a non promesa de Pacto Antiterrorista.
Pero o nomeamento de Pizarro sacounos, de certo que sí, de quicio, e así Pepe Blanco permiteuse unha serie de calificativos, que haberá que matizar en base a un comentario de Gabriel Albiac en La Razón do 16.01.2008. Pizarro provén de fóra da horda, non é da casta dos políticos, que nun país dominado polas hordas parece un miragre. Pero Albiac matiza que precisamente José Blanco pode ser considerado o modelo canónico dos políticos: nengún estudio acabado, nengún saber conocido, nengunha maestría artesanal, e unha incapacidade pra xuntar palabras acordes a morfoloxía e sintaxis que dá síntoma dunha vida mental fácilmente definible... E inda engade: Prós novos "joseblancos" de tódo-los partidos españoles, a alternativa é nítida: ou a opulencia do coche oficial e o negocio célere, ou a man tendida á caridade nun recanto dos túneles do Metro. A política ten que facer servos ben mantidos dos seus profesionales, como principio de cautela do que manda. En España fai escravos. Opulentos. E obscenos.
O traballo de Albiac dá moito máis de sí. Pero, en fin, o que queda claro é que Manuel Pizarro pode xogar un bo papel. Que o PP aproveite o seu maxisterio pode representa-lo éxito nas elecciós do próximo 9-M. En caso contrario, vaino ter moi difícil.
MANUEL PIZARRO FICHA POLO PP

No hay comentarios:
Publicar un comentario