miércoles, 13 de mayo de 2009

DEBATE DA NACIÓN

Din algús que ZP saeu vencedor do debate; outros que foi Rajoy. Outros, os que parecen máis certeiros, que non houbo debate.
-
Pontevedra, 13.05.2009
-
Entrada n. 945 do blog
-
DEBATE DA NACIÓN,
por Xesús López Fernández
-
Onte seguín parte do debate, que foi só sobre economía porque non houbo un verdadeiro debate. Sí ofertas compulsivas de agasallos: computadoras portátiles prós nenos, coches prós papás. Pero non sendo o dito por Durán i Lleida, que chegou falar de moción de censura, houbo demasiados silencios, por se ter producido, presuntamente, un intercambio de cromos antre Goberno e oposición.
-
Non se falou de corrupción, do caso Gürtell nen de Bermejo, da cacería gratis total, do papel da Xusticia ou da Policía á que lle rouban unha partida de cocaína, da defensa da Vida, da masacre do 11M que mostra novas feridas.
-
Finalmente, parece que no canto de cambia-lo sistema de goberno e as grandes políticas, estamos cedellando nun sistema de pensamento único qu´o PP aspira a herdar, non a cambiare.
-
Ref. Catro millós de parados sobre a mesa. El Confidencial. (enlace)

No hay comentarios: