Xentes da plataforma PAZ, ensaiando coas cellas luciferinas, como se fosen unha representación do Demo máis que de ZP. Algús destes artistas foron xentes do "franquismo". Agora, como dixo Rajoy, queren vivir a costa do canon dixital aprobado, en contra do Senado, polo Réxime zapaterista.
Pontevedra, 11.02.2008
Entrada n. 433 do blog. Traballo semanal remitido a varios medios. Poderíame ter extendido máis no estudio do debate, de cómo Iñaki Gabilondo aparecía por momentos demudado, coa adrenalina marcándolle os "tempos". É certo que máis que como periodista actuou como voceiro do PSOE, que de momento, nos mítines, non ofrece máis que insultos e mensaxes alabaradas. Incluso, tristemente, aparece agora apoiado polos que sempre se definiron como anti-Réxime pero que, curiosamente, están fidelizados polo PSOE, como en tempos estiveron fidelizados polo franquismo. Son os que forman a plataforma de axuda a Zapatero, PAZ, que se están fotografiando marcando as cellas cos dedos, imitando as luciferinas de Zapatero. Mellor, tatuadas ou a modo de pegatinas sobrepostas.
Entrada n. 433 do blog. Traballo semanal remitido a varios medios. Poderíame ter extendido máis no estudio do debate, de cómo Iñaki Gabilondo aparecía por momentos demudado, coa adrenalina marcándolle os "tempos". É certo que máis que como periodista actuou como voceiro do PSOE, que de momento, nos mítines, non ofrece máis que insultos e mensaxes alabaradas. Incluso, tristemente, aparece agora apoiado polos que sempre se definiron como anti-Réxime pero que, curiosamente, están fidelizados polo PSOE, como en tempos estiveron fidelizados polo franquismo. Son os que forman a plataforma de axuda a Zapatero, PAZ, que se están fotografiando marcando as cellas cos dedos, imitando as luciferinas de Zapatero. Mellor, tatuadas ou a modo de pegatinas sobrepostas.
Debates da campaña [11.02.2008]
por Xesús López Fernádez
En Política pode ser difícil decantar, expoñer de forma coherente nun programa que vai dos grandes temas, a posible solución a problemas de carácter local que, se perduran, é porque as distintas Administraciós e grupos políticos non estiveron, nen están, pola reposición da legalidade, algo que case sempre teñen que denuncia-los diversos colectivos cidadáns. Enténdese que os problemas de índole local queden esvaídos, citados ó mellor nalgún simple anuncio ou visita de emisarios como asuntos, agora sí, de tratamento preferente. Non sei por qué andan algús a liquidaren a case nula credibilidade ecoloxista da que podían dispór, prometendo máis infraestructuras, máis agresiós ó patrimonio común, ou a aplicación de baremos socioeconómicos que nada teñen que ver coa restauración do capital social perdido a consecuencia do traballo mal feito. Refírome a asuntos como o de certas actuaciós urbanísticas, o arraso da beiramar, o saneamento que non é tal, cando a recuperación medioambiental, a restauración do capital natural e a loita do cambio climático terían de ser temas estrela nestas elecciós, tratados con dignidade.
Que Mariano Rajoy teña prometido a prantación de cincocentos millós de árbores pode ser bo; pero deberá aclararnos qué árbores, se os que poden cumprir unha función restauradora do clima, dos acuíferos e da paisaxe, ó tempo que crear unha riqueza certa, que non o monocultivo arrasador que acabou coa identidade desta terra galega i, en parte, coa riqueza agrogandeira do país. Teríame agradado que no debate, porque foi un debate máis que unha entrevista, que mantivo con Iñaki Gabilondo o pasado Xoves 7, na Cuatro, lle tivesen prantexado cuestiós que estiveron prácticamente ausentes no diálogo, que non certos “grandes temas”: España, gran país que pode ser moito mellor; Política terrorista: que si o PP como goberno cumpreu co PSOE cando éste era oposición; que, co PP, ETA estaba fóra das instituciós; que si a doutrina contra o terrorismo é a do pacto do ano 2000.
Algunhas das perguntas parecían dardos, en temas como o da inmigración, prá que Rajoy propón facela máis selectiva, condicionada a un contrato de integración, clara censura ó efecto chamada da regularización masiva anterior, que representou unha carga pró país doutro millón douscentos mil inmigrantes irrregulares. Tema premiosamente tratado, asegurou Rajoy que o contrato do que falaba existe xa en Europa e que España leva recibido máis xente extranxeira que Alemania, Francia e Reino Unido xuntos, nos últimos tempos. Tema de urxente tratamento pra evitare futuros problemas serios. Tamén negou Rajoy que ZP fixera grandes cousas en Economía, na que Solbes decía agotado. Con humor galaico dixo que a ZP preocupáranlle máis a memoria histórica e Franco. Pero a Economía está globalizada e China ou a India están crecendo a razón do 10%. A Economía é como os vellos relós de corda, que llo tiña comentado a ZP, avisado de que o reló vai parar.
Non faltou no debate o tema dos bispos, o consello dado ós católicos, ou a afirmación de Gasco de que a laicidade conduce á fin da democracia. Foi o momento no que Rajoy dixo “Pregúnteselo a ZP”. Pideu tolerancia, porque el, católico, non se enfadaba polo feito de que a Xunta Islámica pedira o voto pró PSOE e IU. O home, incisivo, mostrouse disposto a debatir. Dúas veces, mellor tres. Iñaki decía máis tenso. E cara á fin da conversa, lembrou que coa Transición establecérase unha pausa, en relación coa guerra civil, pra afronta-lo futuro i esquecer rencores; que, nese sentido, tanto Suarez como Calvo Sotelo, Felipe González ou José María Aznar fixeran honor a ese acordo. Porque en tóda-las familias, por parte de pai ou de nai, hai memoria de dolores. ¿Por qué reabri-las feridas? Mellor que debatan sobre Economía, creación de riqueza e, sí, de inmigración. Sereamente, como agora parece está a facer Sarkozy en relación cos guetos existentes en Francia. E que falen, sen mentir, sobre Ecoloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario