viernes, 16 de enero de 2009

O DEVALO DOS RESTAURADORES

Algueirada, n´O Eixo, emblemático restorán que cesou na súa actividade hai varios meses. Hai días facíao Toñi Vicente.
-
Pontevedra, 16.01.2009
-
Entrada n. 782 do blog
-
O DEVALO DOS RESTAURADORES,
por Xesús López Fernández
-
A crisis vai apoderándose de sectores da nosa economía. E non se crea que só é a industria a que está afectada, ou o sector do ladrillo, o causante principal da situación na que nos encontramos.
-
Naturalmente, os restauradores, que sobreabundan ou sobreabundaban ata hai pouco, están tamén "tocados". Non xa menos comidas de empresa, non; é que o común dos cidadáns vese cada vez máis privado de practicar ese tipo de elegancia, a de xantar ou cear fóra da casa. Non. Cada vez máis medído-los gastos, máis limitados nas súas posibilidades, os siareiros van desaparecendo de restoranes, incluso de cafeterías, outro modelo de crecemento fracasado, cada vez máis precisado o camiño de retorno ós sectores da economía primaria.
-
En Pontevedra é xa un fracaso consolidado o da profusión de taperías, o famoso "modelo de cidade" dos nazionalitaristas, que desta volta imprimen unha nova fase á profunda involución que vive a cidade.
Pode haber algo d´esperanza prós que arrimen a súa actividade ó novo Castelo de Herodes, ó centro de poder que vai representa-lo contenedor administrativo da cidade, en Campolongo, extramuros da cidade consolidada, cada día máis arruinada por xogaren os políticos a planificadores i economistas. Suspenden.
-
Sigue unha noticia d´El Correo Gallego d´hoxe, sobre o negocio da restauración, botado o peche incluso a algún establecemento centenario.
-

No hay comentarios: