martínmorales, ABC, 12.10.2008, outra visión do problema:"¿Se esfumaría lo que me queda por pagar de la hipoteca si el banco quebrase? De estas cosas deberían informarnos si los bancos quieren recuperar nuestra fidelidad".
Fotografía do hotel máis luxoso e caro do mundo, único con sete estrelas, construído no emirato de Dubai, onde as magnates da terra poden acobillarse por algún tempo, por pouco, porque pode se-la forma de acabar, incluso, coa súa propia fortuna. Mellor que suicidárense, como no 1929.
Pontevedra, 13.10.2008
Entrada n. 647 do blog
Artículo semanal.
Entrada n. 647 do blog
Artículo semanal.
Algo máis que crisis [13.10.2008],
por Xesús López Fernández
A palabra crisis é polisémica, ten diversos significados. Nun deles, o diccionario defínea como cambio brusco no curso dunha enfermedade, ben pra mellorar ou pra se agrava-lo enfermo. Noutra entrada, a palabra está definida como situación dificultosa ou complicada. E hai máis acepciós. Poden algús, no ámbito do traballo, atoparse nunha situación extrema, aparcados no paro puro e duro, sen esperanza xa prá solución dos seus problemas que abranguen, ó mellor, a toda a familia: Fame, impagos nos prazos do creto hipotecario, embargo probable a prazo corto. A situación é, simplemente, desesperada. I eso que estabamos no mellor dos mundos. Os gobernantes non eran partidarios de recetas, Aquí non pasaba nada…, ata que, sí, comezaron a falar de desaceleración, de estancamento da economía á par que da posible recolocación dos parados, mesmo de empregalos na construcción de infraestructuras paridas sen raciocinio pra capea-la fin da bonanza inmobiliaria. por Xesús López Fernández
O noso presidente levou a súa mensaxe optimista ós propios Estados Unidos, onde falou da nosa prevista recuperación, de superar incluso en renta per cápita ós propios franceses, á volta dalgún tempo. E parece que, máis preocupado por se decir partidario de Obama, foi deixando pasar algús dos seus deberes, mentres as alarmas, puras metástasis no marco dunha economía global enferma, ían chegando ás xentes todas do planeta. A pesar de todo, os nosos gobernantes procuraban aplaca-los medos de tódo-los que, azouridos, temían polos seus aforros ó tempo que reparaban nos diversos matices do que xa parece un crash final, semellante ó do 1929, coa diferencia que sinalaba José María Carrascal no ABC de que si daquela os magnates de Wall Sreet se suicidaban dende as ventáas dos seus despachos, desta volta retíranse ás súas mansiós de Florida, o que realmente desprestixia ó sistema. As súas fortunas, blindadas en paraísos fiscales.
Mais, pese ás promesas de Bush e das potencias europeas de blinda-lo sistema financieiro, de evitaren o afundimento de máis bancos; aínda rebaixando o tipo de interese central nos EEUU, as Bolsas, ese barómetro que se supón debe ser reflexo da saúde económica, están a rexistraren mínimos, como aconteceu este pasado Venres 10. E agora hai que face-los deberes con premura. Xa non vale decir que temos o mellor dos sistemas financieiros nen abonda con garantizar á sociedade aforradora un tope de 20000 euros. Elevan o listón a 100000. Tamén, curiosamente despois de se reuni-lo presidente con representantes da Banca, éste anunciou, sí, que se van invertire 30000 millós de euros, ampliables a 50000, na compra de activos bancarios, pra que esas entidades dispoñan de maior liquidez. Este fondo representa un aumento de 5 puntos na débeda do Estado, pero non unha garantía real de que os Bancos o vaian utilizar pra concederen cretos a familias i empresas.
Cando está por ver se a Bolsa tocou fondo; cando o FMI reconoceu que a profundidade e persistencia da crisis require unha vixiancia excepcional e disposición a adoutaren medidas audaces ante unha situación de derrota mundial tamén polo malfacer da Política, agardemos que as medidas do eurogrupo, na reunión de urxencia do Domingo 12, se terán reafirmado no paquete das cinco xa propostas polo G7, tendentes a evita-lo colapso e pra que os mercados monetarios funcionen; que os bancos poidan obter capital de fontes públicas e privadas, asegurándose ademáis que as garantías dos depósitos están saneadas, e tomar medidas, se así convén, pra reactivaren os mercados. Pero coido que non abonda co dito; que os problemas que estamos vivindo teñen raíces profundas no ámbito político. Hoxe conocerémo-las conclusiós do eurogrupo, que poden ser cortas pró noso país, necesitado dunha cura ética de urxencia. A sociedade quer un maior control do gasto das Administraciós e a fin de toda sombra de corrupción, que parece ter un protagonismo non aplacado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario