Pontevedra, 27.04.2008
Entrada n. 475 do blog.
O Traballo corresponde ó luns 28.4. Coido que a manifestación do 25 quedou corta, tirando a fracaso; que nela mesmo estaban algús dos políticos culpables de que o horror permaneza en Lourizán, de que a ría vaia morrendo cada día un pouco máis. Esos políticos formaban parte do goberno do ano 2004, cando Salvemos Pontevedra, no exercicio da acción pública persentou, sen resultado, unha ponencia pra ser leída nun pleno, ó que non accedeu o goberno "demócrata" de Lores. Foi persentada dúas veces. E nela tiña o goberno local a folla de ruta necesaria pra acabar co drama de Lourizán, co drama da ría toda.
Ausenteime un par de días de Pontevedra. Agora leo que o conselleiro de Medio Ambiente, despois de celebrada a manifestación, dí que a súa consellería non vai abandona-la nosa cidade, cando a realidade é que hai tempo que o está polas tres administraciós, culpables. Non é necesario que pasen, como el dí, dous ou tres anos. ¿Qué nos conta con éso, que Touriño minteu no mitin de maio do 2005, no Galicia Palace, precisamente en Pontevedra?. As mentiras, como as permanentes do Bloque, son éso, mentiras. Detrás delas andan os contubernios.

Avisos con cloro [28.04.2008],
por Xesús López Fernández
As empresas instaladas nas Marismas de Lourizán, culpables coa edar da degradación da ría e da perda do seu capital natural, andan a voltas coa tan traída e levada “autorización ambiental integrada”. Os partidos, cos seus laboratorios de ideas, queren xustifica-lo inxustificable: a permanencia dos procesos contaminantes en Lourizán ó tempo que queren seguir vendendo unha mensaxe falaz, que xa non cola, descoberta a súa esquizofrenia dende hai tempo pola sociedade. ¿Por qué non en Santiago a manifestación do 25.4, ante as administraciós culpables da non aplicación das leis vixentes? Gostaríame tocar este asunto polo miúdo, pero faise longo e, pra lle dar ó lector unha información a xeito, non se me ocurre mellor cousa que remitilo ó blog de Salvemos Pontevedra, onde vai atopar, seguro, unha amplia información. Buscade en "meinteresalavida"
Volve haber nos medios un certo incremento da publicidade das empresas desta volta cuestionadas, pra neutralizaren, presuntamente, a información ecoloxista. Incluso Elnosa tiña previsto montar unha emerxencia especial pra este pasado 18.4, ás 12 do mediodía. Sonarían as sirenas durante unha hora. Pero nada aconteceu. Non houbo sirenas nen megafonía de nengún tipo. ¿Por qué?... ¿E non será por lle teren dado aviso do que estaba a acontecer en Gualba, Barcelona, onde se produceu un escape de cloro con motivo dun trasvase efectuado na empresa Sociedad Española de Carburos Metálicos?. Os medios foron pródigos en dá-la noticia, se ben foi matizada de diversa forma. E así, La Vanguardia comunicou que, en contra dos primeiros datos, as alarmas destinadas a advertiren ós veciños, non saltaran. O incidente aconteceu sobre as 13,20 no interior da factoría, situada no polígono industrial de Gualba de Baix, cando estaban a faceren un trasvase de cloro e fallou unha tubería. Se ben a fuga foi detectada e detida con celeridade, a actuación non impideu que o gas saíra, en forma gaseosa, pola chimenea da nave.
Foi ás 13,30 horas cando o Centro de Emerxencias de Cataluña activou o Plan de Emerxencia Exterior do Sector Químico catalán na zona máis próxima á industria, é decir, en Gualba, onde residen unhas mil persoas. O PEE sería desactivado por Protección Civil ás 14,50 horas. E tanto El País como Público informaron de que a poboación fora confinada polo escape. Ata a fábrica acodiron trece dotaciós de bombeiros da Generalitat e os servicios sanitarios i efectivos dos Mossos d´Esquadra e da Policía Local. Menos mal que a cousa non pasou de susto!... A este respecto, o Laboratorio de Ideas do PSOE funciona, condicionando as declaraciós do 23.4 de Patxi Vázquez a certo medio local, no sentido de que os pasos a dar pra activa-lo PEE, en Pontevedra, consistirían en telefonear a Protección Civil, a Santiago. Alí, un técnico valoraría a necesidade de alertar ós cidadáns ou non. Decir tamén que a dirección provincial do PSOE desmarcouse da protesta do 25.4. Non hai color.
Poderiamos facer historia dalgús dos dramáticos accidentes producidos no ancho mundo ó longo de anos: Bophal, Flixborough, Seveso, Los Alfaques, Aznalcóllar; en Praga, China, Sudamérica, nos Estados Unidos. ¿Seriamos capaces de dispoñer aquí, con urbanismo de corredoiras, a evacuación de 17000 persoas como en Apex, Carolina do Norte, a partir do 5.10.2006, a causa do estoupido dunha fábrica con escape masivo de cloro?.... Mais non se trata de facer inventario de desastres. O que debemos denunciar agora é a xangada política de non se querer poñer ó labor, de non actuar con rigor. Non. Ence-Elnosa, prás que non cabe xa autorización, non parecen ser outra cousa que unha simple bandeira publicitaria prá posta en escea do falso ecoloxismo dos partidos. Pero contos non enchen. Xa non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario