Unha das esceas de violencia na praza d´Os Praceres, contra os que se opoñían á ocupación do espacio polo tren. Curiosamente, as alegaciós e recursos dos veciños foron coroados por sentencias do TSJ de Madrid, ano 2003, confirmada, contra a pretensión de Fomento, no ano 2007, no mes de marzo. O 15 dese mes, estando eu en Roma, Eladio Torres avisábame de que xa había sentencia firme declarando ilegal o paso a nivel. A día d´hoxe, a sentencia sigue sen executar, presuntamente pola situación de corrupción existente. Pode non ser extraño o mal funcionamento da Xusticia á presencia de Mariano Bermejo á fronte do ministerio. O peor ministro de Xusticia da democracia, tense dito del. E con esta data e por diversos medios denunciábase o feito de que hai máis de 50000 sentencias firmes sen executar. O señor Bermejo está contribuíndo, presuntamente, ó deseño da peor das Españas negras, concepto éste que el, boca quente, manexou na última campaña electoral, cando lle tocou falar. El, fillo dun "camisa vieja de izquierdas de toda la vida". Qué horror.
Pontevedra, 3.4.2008
Entrada n. 465 do blog.
Este "novo" vello traballo do 2001 poderíase incardinar con outros nos que se fala do tema ambiental, da morte da ría de Pontevedra, da burla política coa careta dunha Carta de Aalborg coa que non queren comprire. Unha burla. Algunhas das actuaciós previstas no marco do PXOM de Pontevedra, en fase de estudio, van claramente contra a posible rexeneración da ría e do fondo intermareal da mesma, decote máis agredido. Curiosamente, nestos momentos está anunciada unha nova marcha sobre Lourizán pola APDR, que xa non pode vende-la súa mensaxe ecoloxista doutra volta... A defensa do Estado de Dereito corre actualmente da man da Plataforma da Defensa da Praza d´Os Praceres e de Salvemos Pontevedra, que mantén viva a súa cruzada xudicial. Recomendamos consulta-lo seu blog. Polo demáis, leede o traballo que sigue.
Entrada n. 465 do blog.
Este "novo" vello traballo do 2001 poderíase incardinar con outros nos que se fala do tema ambiental, da morte da ría de Pontevedra, da burla política coa careta dunha Carta de Aalborg coa que non queren comprire. Unha burla. Algunhas das actuaciós previstas no marco do PXOM de Pontevedra, en fase de estudio, van claramente contra a posible rexeneración da ría e do fondo intermareal da mesma, decote máis agredido. Curiosamente, nestos momentos está anunciada unha nova marcha sobre Lourizán pola APDR, que xa non pode vende-la súa mensaxe ecoloxista doutra volta... A defensa do Estado de Dereito corre actualmente da man da Plataforma da Defensa da Praza d´Os Praceres e de Salvemos Pontevedra, que mantén viva a súa cruzada xudicial. Recomendamos consulta-lo seu blog
OS PRACERES COMO CONVERXENCIA [5.05.2001],
por Xesús López Fernández
Oportuna a visita do arzobispo de Santiago, que dalgún xeito parecía estaban a desactivar. O labor do párroco d´Os Praceres veuse así respaldado pola xerarquía. Agora, o BNG solicita ó TSXG un tratamento dilixente do recurso apresentado polos veciños, quenes entenden que as obras comezadas son de carácer ilegal. Non faltaron nervios, medos --nen feridos— dende o seu comezo. Na semáa pasada houbo momentos de gran tensión; as mulleres –heroínas nesta hora— encadeadas pra impediren a consolidación do que pode se-lo acto final da ruína desta ría, despois de que a parcelaran coa construcción da autovía e a imprantación do complexo contaminante de Lourizán. É decir que, cando os mariñeiros de aquí están a quedárense sen caladoiros, non se quer considera-la rexeneración deste espacio como tulla ou despensa e creador de riqueza, arestora sen acuicultura posible pola cuestión do mercurio e dos organoclorados antre outros contaminantes.
A afirmación de Eladio Torres de que “os nenos comezan a guindaren pedras á vía, e van medrare con ese rencor” constitúe un aviso de certa gravedade. En todo momento o home está a recomenda-la non violencia, pero a humildade e o abandono parece que só conducen ó martirio, do que a parroquia sabe moito. Son testigos –eso significa en grego “mártir”— dende os primeiros tempos da ocupación de Lourizán, e a loita dagora é a mesma que prantexaron nos anos sesenta, cando comezou a morte da ría. E non se debe renunciar a outra estratexia, na que se anuncian xa os primeiros pasos: A movilización cidadáa. Ése pode se-lo camiño, apoiada a plataforma veciñal por diversas asociaciós e por colectivos ecoloxistas, mesmo polos do 5-J que hai que sumar. Como daquela, a sociedade pode te-la a chave na procura dun futuro mellor, dispoñer dunha voz máis contundente que os que dictan a lección arrogante da corrupción, de que se vai construir por mandato parlamentario, que non é de progreso e no que ademáis é fácil descobri-lo disfraz dos grupos de presión. Véselles a cara.
Parécenme cortos os pasos dados polos partidos con representación no concello, que non se pronunciaron máis alá dalgunha que outra declaración de consolación. Mais.. ¿Lémbranse eles que Pontevedra suscribeu a Carta de Aalborg vai facer un ano, ou foi unha trola que nos meteron? ¿Ónde está o propósito de mante-lo capital verde, dun desenvolvemento ecoevolutivo posible? Porque nada se fixo no tema da política ambiental máis alá dun certo marketing que non convence a ninguén. En xuño do 2000 escribín sobre este tema algo que coido non perdeu actualidade. Remataba así: “A Carta insiste na necesidade de conservar ou de restaura-lo capital natural, cuestión ésta moi importante, tanto como a do “capital social” que di Fukuyama, claramente encastañadas. Lástima que no noso concello non se celebrara o debate do estado do municipio, porque había temas dabondo: cidade sitiada, en regresión, pasmada, ecolóxicamente agredida. E a oposición política sen ideas.”.
A manifestación dos veciños pode marcar un antes e un despois no deterioro do noso mar e da nosa ribeira, o comezo dun mañán de progreso real. Non sabemos cándo se vai produci-lo acontecemento, pero a marcha ecoloxista da Asociación pola Defensa da Ría está xa anunciada pró 3 de xuño. ¿Sería posible axunta-las forzas, convencer ós veciños de que esa marcha e a súa manifestación son complementarias, que son aspectos da loita contra a presencia berberisca de corenta anos en Lourizán –causa primeira do que agora pasa-- que aí siguen a se ufanar, ata o punto de acadaren unha “Lei das Rías” que lles permita mante-la súa ocupación?. Coido que está claro que son esos os nemigos a batir e que o tren neste momento xa non é necesario. E inda que o fose, non estaría xustificado como instrumento de progreso laceirando outravolta ós que levan/ós que levamos corenta anos de sofrimento. A loita dos de Praceres tamén é nosa, unha batalla máis na guerra pola salvación da ría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario