¡Menos mal que Al Gore arrixa de novo coa súa campaña en contra do cambio climático!. Na fotografía de El Mundo.es desta data, o home mostra outra obra, "Conoce o cambio climático". Algús políticos han perguntar: ¿Cómo se come? Pola vía da lectura, das imaxes ou do condumio, a ver se algo aprenden e fan confesión de culpas.
Galicia aproba soamente en 2 dos 25 indicadores de innovación da UE. Chiste de Salas en El Correo Gallego do 1.04.2008
Pontevedra, 1.04.2008
Entrada n. 463 do blog
Repescamos un novo traballo sobre Ecoloxía. Seguimos coa tanda do ano 2001. E as cousas non están actualmente mellor. Ó Gulag ambientalista que aquí se foi deseñando habería que lle sumar desta volta o Gulag urbán resultado dunha política de obras sen sentido, privadoras da elegancia de certos espacios, privadoras tamén dese mínimo de calidade de vida que o home e a muller buscan e que, nos espacios da "boa vila" "tocados" polo equipo de goberno local, sen prima-la recuperación ou a residibilidade das xentes, non foron máis alá do que podemos calificar como "redefinición das miserias". A miseria ecoloxista [que xa suscriben os políticos que esqueceron o seu discurso], vaise estrando, como unha escolma, sobre a cidade vella, sobre a cidade toda, pola beiramar. Por eso Galicia non aproba nada máis que en dous dos indicadores da UE prá adoución das novas tecnoloxías. Sigue o traballo. Analícese o dito por George Steiner.
Entrada n. 463 do blog
Repescamos un novo traballo sobre Ecoloxía. Seguimos coa tanda do ano 2001. E as cousas non están actualmente mellor. Ó Gulag ambientalista que aquí se foi deseñando habería que lle sumar desta volta o Gulag urbán resultado dunha política de obras sen sentido, privadoras da elegancia de certos espacios, privadoras tamén dese mínimo de calidade de vida que o home e a muller buscan e que, nos espacios da "boa vila" "tocados" polo equipo de goberno local, sen prima-la recuperación ou a residibilidade das xentes, non foron máis alá do que podemos calificar como "redefinición das miserias". A miseria ecoloxista [que xa suscriben os políticos que esqueceron o seu discurso], vaise estrando, como unha escolma, sobre a cidade vella, sobre a cidade toda, pola beiramar. Por eso Galicia non aproba nada máis que en dous dos indicadores da UE prá adoución das novas tecnoloxías. Sigue o traballo. Analícese o dito por George Steiner.
O DISCURSO ECOLOXISTA [12.05.2001],
por Xesús López Fernández
O discurso do poder nunca ou case nunca foi ecoloxista. Pódeno apresentar como tal en campaña electoral, pero despois pérdense as palabras, as intenciós que se entendían honestas; queda, se acaso, un certo disfraz constitucionalista. Disfraz. Coido que aquí teñen aplicación plena unhas palabras de George Steiner, herdeiro de varias culturas e língoas, ó que lle acaban de outorga-lo premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. Dí o home, crítico coa historia do pensamento, que “a evolución das especies ten deixado pouco lugar ó consolo. Somos, en xeral, unha presada de apetitos covardes e homicidas dotados dun instinto en aparencia ilimitado prá destrucción e mái-la autodestrucción. Somos os que arruinámo-lo planeta, os constructores dos campos de exterminio. O noventa por cen da humanidade leva unha vida ou ben de completa privación –física, emocional, cerebral--, ou ben non contribúe en nada á suma de comprensión, beleza, ou ensaio moral na nosa sociedade civil”. (Conferencia titulada “Os arquivos do edén”).
Entendo que as máis das veces os políticos están situados nese noventa por cen que atopa satisfacción máis alá da conciencia que os electores podían supoñer neles. Refírome fundamentalmente á perda de discurso, de capacidade dialéctica pra comunicaren, pra encastañárense cunha sociedade que, en parte, se considera traicionada e percibe nuns e noutros líderes un discurso capado --como refén dalgún poder opaco--; que non consinte que veñan venderlle agora o tren a Marín como algo que non pode ter outra solución que o trazado pola praza dos Praceres; que non admite que ENCE deba completa-lo ciclo aquí coa correspondente papeleira. Non. Os discursos de Fernández Lores mostran un certo patetismo, un home que parece estar perdendo apoios dentro do propio partido. Dende que escribira unha colaboración sobre a incidencia da fábrica de celulosa na saúde dos cidadáns --alá polos últimos oitenta-- ata o dagora, o seu discurso foi cambiando –como o de Fraga 1989--. Certo que mantén a súa petición de traslado das factorías e de que se reinvirtan aquí os beneficios da privatización, ¿pero hai realmente beneficios?
Parece que non contabilizan o quebranto medioambiental producido. A desfeita urbanística do conxunto intermareal acometeuse como colaboración dos políticos pra apantallaren os vertidos das factorías. A depuradora d´Os Praceres a pé de fábrica está tamén agora baixo sospeita –é ilegal total-- e Urbanismo carece de explicación lóxica porque, ¿qué pasou o martes da pasada semá? ¿Qué vai pasar co turismo de excelencia, cando o tal só sería factible se políticos i empresarios pactasen o vertido “cero”, algo xa posible?. E as fábricas non deben seguir a hipoteca-lo noso mar, as nosas vidas, poden emigrar cara ó interior. Con vertido “cero”, repito. Aí parece que Lores non se perdeu de todo, pero a súa carta a Aznar produceu consternación, según o señor Rajoy. A perda de capacidade dialéctica impideulle conectar coa sociedade e cos veciños d´Os Praceres, convertirse ante Madrid no político agardado pra poñer punto final ó “Gulag” que sofrimos dende hai 40 anos.
¿E a qué ven a defensa que fai do tren, que se non se constrúe impediría o crecemento de Pontevedra, dixo? ¿Non será ó revés? Porque a construcción do tren por aí viría consolida-la fractura existente antre terra e mar, cando en Lourizán xogaban area e auga con maxia, cósmicamente, e só a falta de visión ambientalista dos gobernantes foi causa da perda dun espacio que podería ser hoxe a nosa grande praia urbá. As xentes d´Os Praceres síntense novamente traicionadas e, na actual situación, mentres xa teñen data prá súa manifestación, están a perguntaren algús pola posibilidade de constituírense en novo concello, que sí sería porto de mar, o mar que Pontevedra botou fóra de sí. Coido que fai falta un discurso ecoloxista honesto, sumar vontades, porque a situación é realmente grave. Entendo o pesimismo de Steiner.
No hay comentarios:
Publicar un comentario