miércoles, 18 de noviembre de 2009

AVISO DE PELIGRO (MOLLABAO)

O mar profanado, profanado incluso pola administración, que quere máis.
-
Pontevedra, 18.11.2009
-
Entrada n. 1080 do blog
.
AVISO DE PELILGRO (MOLLABAO),
por Xesús López Fernández
-
Como o tema da edar d´Os Praceres, actuación presunamente criminal participada polas tres administraciós; como a día d´hoxe e a pesares de non ter título habilitante parece lonxe de que a Xusticia resolva a denuncia presentada por Salvemos Pontevedra, o Concello de Pontevedra quere seguir mareando a perdiz, desnaturalizando o litoral e, como a nulidade radical da depuradora é algo que deben ter asumido, agora queren ir, agora sí, pola vía concesional. Parecen ter claro que xa non son donos da banda do mar.
-
Os que lean este post igual poden botarme unha man, axudarme a comprender de qué vai o Depósito de retención que o Concello quer ubicare en Mollabao. Esperemos a ter máis noticias, pero en fin, aí vai un enlace que se refire á pretensión do equipo de Lores, en previsión dos problemas que se poidan derivare de entubar i entubar máis e máis, sen outra pretensión que levalo todo á edar d´Os Praceres. ¡Probes xentes de Mollabao, probe Pontevedra!
-

2 comentarios:

Sísar dijo...

Bueno Xesús. Púxenme a ivestigare sobre dito depósito e abro hoxe xoves con un pequeno artículo adicado a elo.

Deíxoche dous enlaces de onde obtiven a información (tes que copiar e pegar a seguinte dirección na barra do Navegador)

http://upcommons.upc.edu/pfc/bitstream/2099.1/3373/1/31141-1.pdf

https://upcommons.upc.edu/pfc/bitstream/2099.1/3373/5/31141-5.pdf

Creo que pode haber material pra darlles ben de confirmarse todo isto. Eu xa lanzo a pregunta. Un abrazo

xesús lópez fernández dijo...

Non puiden abri-lo primeiro enlace; sí o segundo,ó que lle botei un vistazo.
Aquí,o gran problema é que, aínda tendo sentido a posible creación dun depósito de retención, todo eso debe facerse fóra do dominio público marítimo terrestre.
A propia edar tería que estar situada, pra ser legal, por riba da vella estrada a Marín; é decir, máis alá dos vinte metros da franxa de protección.
Por certo, atento a unha noticia que vai sair mañán nos medios.
Un saúdo, Xesús.