domingo, 7 de marzo de 2010

O MERCADO DE PONTEVEDRA, QUE MORRE

A musealización dese tramo da presunta muralla de Pontevedra non é outra cousa que un atranco, unha forma de agresión contra o libre comercio, ademais de trampa pra cegos. E a eso chaman accesibilidade, a unha fosa sen sinalización, muro da vergonza, deseñada prá caída libre de invidentes e despistados.
Tres ou catro negocios (na fotografía aprécianse dous) cerraron definitivamente coa denunciada musealización, xusto nese lugar e como primeiro paso, antes de acelera-lo cerre duns dez comercios (no tramo que vai daí ata o novo Museo). A "muralla á vista" tamén incideu na progresiva decadencia do Mercado de Abastos. Todo estaba avisado: que o Mercado ía sucumbir co "modelo" de cidade do Concello dos Camaradas.
O pavimento da rúa Sierra (antigua Borrón ou Verrón), de baldosín, está pensada coa mentalidade dun deseñador de patios de luces. Fronte ó edificio do novo Museo, máis musealización de muralla, máis atrancos.
-
Pontevedra, 8.03.2010

-
Entrada n. 1193 do blog
-
O MERCADO DE PONTEVEDRA, QUE MORRE.
por Xesús López Fernández
-
A peatonalización salvaxe da zona vella trouxo como consecuencia a súa total involución. Parece que agora se decatan e non se lles ocurre mellor cousa que libera-la pranta alta do Mercado de Abastos pra outorgare esa superficie, concesionalmente, a un centro comercial que poida facer de revulsivo á par que de revitalizador dun barrio totalmente cercado, arruinado..
-
As fotografías evidencian a actuación siniestra levada a cabo, á parte da falta de permeabilidade do recinto histórico, cercado primeiro por mosquerós, despois por bolardos, ós que lles falta soamente a súa conversión en cerca rematada con alamio de espiño.
-
O Museo da Historia que nos vai cerrar por completo ó Burgo, a outra cancela coa musealización de Sierra, ante o monstruo do novo edificio do Museo, visible ó fondo da última das fotos,son algús dos malos pasos. E agora, despois de ter acabado cun comercio socialmente sostible queren recurrir estes social-comunistas ó podería dalgún centro comercial pra reconquista-la zona. ¿Cómo?.....
-
El Faro de Vigo, 8.03.2010: O Concello intenta revitaliza-lo Mercado... ¡Mentireiros..!

2 comentarios:

Sísar dijo...

As obras na praza de Valentín García Escudero seguro que teñen tamém parte moi importante neste desfalco.

xesús lópez fernández dijo...

Tes razón. Esa é outra das causas. E aínda hai máis. A peatonalización en xeral veu funcionando como unha especie de hidra do mal. E os cartos de Europa prá dinamización foron mal gastados. Pero como non temos unha sociedade civil viva e a oposición non soubo exercer críticamente nestes temas, o barrio foise deshumanizando, despoboando en consecuencia.
O PP debería estar máis activo e o seu gabinete de prensa ten toda a carnaza que precisa, máis da necesario como pra ir contando, día a día, o que hai que facer, o que faría pra reactiva-la vida da zona vella,incluso a súa actividade, que siga existindo como barrio socialmente vivo.
¿Sabes cál foi a primeira lanzada contra a vida comercial da zona?
A construcción do centro de Continente/Carrrefour. Despois chegaron outras.
Un saúdo, rapaz. Confío en que as cousas se vaian compoñendo nese país.