domingo, 11 de abril de 2010

A CIDADE ARRUINADA

Local de Terras de Pontevedra, na chamada Casa da Luz, pra promocionare o turismo, que se revela como obra completamente inútil máis alá do día da inauguración, con viños e canapés. Gastáronse nesta interminable obra non menos de cen millós das antiguas pesetas. Apostamos que esto non vai servir prá revitalización da zona. En todo caso pra colocar a algús amiguetes.
-
Pontevedra, 12.04.2010
Entrada n. 1216 do blog
-
A CIDADE ARRUINADA,
por Xesús López Fernández
-
Téñome referido ás obras de "restauración" da zona vella pontevedresa, que algús califican como exemplares, cando foron feitas de mala forma, con materiales inadecuados e dirección técnica non cualificada, porque os técnicos poden ser malos. I eso foi o que pasou.
-
A que era cidade comercial e administrativa vaise convertindo en simple decorado no que aínda hai algunha oportunidade de negocio pra tascas sen capacidade pra recollere o mobiliario das terrazas, algo que podería ilustrar con abundantes fotografías.
-
Que algún arquitecto diga do tipismo dunhas prazas hoxe deterioradas quer decir que perdeu o norte. Eu que son veciño da zona vella vendería a miña vivenda de 178 metras, porque o que se fixo do barrio histórico foi promove-la súa ruína por medio dalgún gran irmán subvencionado. Hoxe están cerrados moitos dos negocios que lle daban vida. O vinte por cen, talvez o 50% das vivendas, están libres, pola peatonalización salvaxe imposta e pola absurda musealización levada a cabo. Pra máis inri e prós que se crean que pasear por un barrio sucio é un pracer, que teñan coidado coas tapas trampa das arquetas, en moitos casos esgazadas incluso despois de varios plans Renove das mesmas. Vamos, fracaso total. A poboación que permanece está como secuestrada e sometida á tortura do terraceo noitarego sen control, incluso con trapicheo.
-
Desfeita a praza da Verdura, desconfigurada a Méndez Núñez, arrasada a Avda. de Santa María, o Campiño, etc., a política de restauración tivo máis de acto vandálico, que sigue, que doutra cousa.
-

2 comentarios:

DonFiliberto dijo...

Creo lembrar que cando se fixo o dosier do Urban para mandar a Europa e solicitarlles os cartos, falseánronse a posta os datos de poboación e vivendas da zona para encaixalas no programa das subvencións.

xesús lópez fernández dijo...

O das subvenciós foi un escándalo, ata o punto de que houbo xentes que non se beneficiaron cabalmente das mesmas, que sofriron mordidas mentres a algunha familia lle renovaron a fachada da súa mansión, gratis total.
O beneficiario da posible subvención non-a quixo recibir; daquela, mediando Fole, brindáronlle unha obra gratis total, mentres que os verdadeiramente subvencionados tiveron que cotizar á Facenda, por incremento de patrimonio, o 20 por cen da subvención.
O Urban foi unha falacia total.