domingo, 11 de abril de 2010

LOURIZÁN TAMÉN DENUNCIA

Nudo da Camorra en Mollavao, pra evita-la recuperación do litoral.
Fotografía do Faro de Vigo. Os veciños de Lourizán móvense en relación co nudo que a Camorra local (Poder-clústers) pretenden consolidar, con presa.
-
Pontevedra, 11.04.2010
-
Entrda n. 1215 do blog
-
LOURIZÁN TAMÉN DENUNCIA,
por Xesús López Fernández
--
As xentes da parroquia mártir de Lourizán denuncian a irracionalidade da obra i expoñen as súas protestas ante as consecuencias do plan demencial que Fomento, a Consellería de Medio Ambiente e Lores, con toda seguridade pra evitar que triunfe o Estado de Dereito e se cumpran as sentencias, cando hai tamén outras cousas pendentes de fallo polos altos tribunales en relación con asuntos xudicializados por Salvemos Pontevedra, como é o caso da EDAR ilegal d´Os Praceres, asunto participado por tres Administraciós delincuentes. ¿Poderán lidera-los colectivos d´Os Praceres a gran e necesaria manifestación?
--

No hay comentarios: