martes, 13 de abril de 2010

MARISCO E SUSTENTABILIDADE

As mariscadores de Lourizán e tódo-las da ría están contra as cordas. Foto de La Voz de Galicia.
-
Pontevedra, 13.04.2010
-
Entrada n. 1218 do blog
-
MARISCO E SUSTENTABILIDADE,
por Xesús López Fernández
-
Moitos mariscadores e mariscadores teñen vivido sen problemas gracias á riqueza dada polo medio natural. Nese mundo do marisqueo e no das entalladas que se facían na banda de Poio ou nas marismas de Lourizán había unha riqueza certa; pero a conversión da ría en sentina, da contaminación crecente que as autoridades calaban pra así apantalla-lo seu grado de culpa e abandono a excepción da época do comandante Ozámiz, comezaron a forma-las primeiras nubes dun futuro que pode ser totalmente negro.
-
As industrias de vertedeiro, a edar, os recheos, a dinamita, todo actúa como forza envilecedora, como conformadora da ría como un gran tremedal de merda ou chafuldra e, como o Estado de Dereito non funciona nen hai nengún xuez vixiante que entre no asunto de oficio, a Camorra local, como dei en chamar á alianza antre políticos e clústers, está a acabare co mundo da sustentabilidade mariña, a lle poñer cancelas ó mar de Marín, co seu horizonte pensado non xa como porto pesqueiro senón como porto de contenedores e solar de industrias non avincalladas co mar.
-
A construcción do macronudo de Mollavao que agora pretenten, ven ser outro paso máis na desfeita da natureza, da política de cloaca hai tempo trazada polo talibanismo rampante que nos goberna.
-

No hay comentarios: