sábado, 10 de abril de 2010

A FALACIA DA OBRA URXENTE

Espacio onde vai ser construído o macronudo de Mollavao, pra acabare coa ría de Pontevedra, concentrádo-los políticos e os clústers nunha especie de Camorra local oposta á recuperación da riqueza natural. (Foto aérea de Capotillo)
-
Pontevedra, 11.04.2010
-
Entrada n. 1214 do blog
-
A falacia da obra urxente,
por Xesús López Fernández
-
-Esta pasada semáa foi noticia triste a de que se vai dar unha nova volta de rosca no deseño da morte desta ría: a construcción do macronudo de Cocheras, algo no que están dacordo Hernández, o conselleiro de Medio Ambiente, e o alcalde Lores, que reclaman urxencia, unha falacia, pra unha obra cuestionada e alegada, sen outar polo recurso á vía xudicial. A partir daí vai arranca-la variante a Marín, o que demostra a intención de non recupera-las marismas de Lourizán, o capital natural, algo xa patente noutras decisiós públicas, reventado un discurso ecoloxista que nunca existeu e que, coa densificación do tráfego pola avenida de Marín parecen estar a poñere atrancos ó cumprimento das sentencias do T.S. en relación co ferrocarril d´Os Praceres e mái-los recheos da Autoridade Portuaria, asuntos nos que os diversos partidos saen malparados e coa súa presunta parte de culpa.

Lembro Cocheras, A Puntada e Lourizán, como praias concurridas por familias pontevedresas e a riqueza que nelas había. E a alegación presentada contra o macronudo por SALVEMOS PONTEVEDRA, con documentación anexa importante, aínda permite saber cómo eran as marismas de Lourizán antes da instalación no espacio do complexo industrial que veu provocar, como diría o ministerio de Vivienda, problemas prá saúde e convivencia humáas ó tempo que se pronunciaba, xa daquela, polo traslado das industrias, como tamén recomendaba ó Concello de Pontevedra a petición ó MOPU dun cambio no trazado da autopista pra evita-la construcción da ponte d´A Puntada, algo que xa temos comentado. Pero aquí non funcionou nen o Concello nen a sociedade. Aínda o pasado 9.4 pasei pola rúa Lepanto, en Vigo, e lembreime do derribo do scalextric que entraba na Gran Vía, victoria da sociedade viguesa. A nós faltounos forza como sociedade. As agresiós contra a ría continuarían coa construcción da avda. de Beiramar, presuntamente como “vía rápida do cloro”, ó tempo que se cargaban a casa solar de Sarmiento de Gamboa, un ilustre mariño da Moureira.

Desconozo se o macronudo foi cuestionado por outra asociación que SALVEMOS PONTEVEDRA, que sí o fixo. I éste sería o momento dunha gran manifestación con participación de tóda-las asociaciós (Asociación San Roque, Monteporreiro, as asociaciós d´Os Praceres, etc.). Sempre á marxe de banderías políticas que perderon o seu discurso ecoloxista, que se burlan da Lei de Costas co macronudo citado e a súa agresión ó dominio público marítimo terrestre deslindado mediante decreto do 16.10.1996, que según Cristina Narbona e ante recordatorio de Salvemos Pontevedra ten a condición de: inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación. Aí terían un argumento, se quixeran, os políticos que falazmente urxen a obra “porque non pode esperar”. Seguramente que coas presas esqueceron redactar unha verdadeira Axenda21Local, agora que elaboran o PXOM.

A alegación de SALVEMOS PONTEVEDRA, en doce folios, foi presentada o 24.08.2006 na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial. Traduzo algunhas frases, abreviadamente. Así na alegación segunda i en relación co proiecto denunciado afírmase “que se ten adoutado a solución máis fácil e tamén a máis contraria ó interese xeral […], despreciando o mandato constitucional, a Lei de Costas e as Directivas Europeas, destinadas […] á protección e recuperación do litoral, á peremanencia da biodiversidade nos espacios naturales e a un desenvolvemento sustentable de Galicia […] A construcción afecta a marismas situadas en d.p.m.t., tamén á desembocadura do Lérez, […] proposta como lugar de importancia comunitaria pra formare parte da REDE NATURA 2000 […]”. Son cinco alegaciós argumentadas, sobre as que terei ocasión de volver, que rematan coa solicitude de denega-la aprobación provisional do dito trazado e do estudio de impacto ambiental.
-
-
Faro de Vigo, 10.04.2010: Hernández ordea á constructora da variante que axilice as obras. Obra prioritaria, di Lores. Todos no pastel, no contubernio do poder (políticos) e dos cartos (clústers), a Camorra reinventada a nivel local e comarcal.
-

No hay comentarios: