


--
Pontevedra, 9.04.2010
Entrada n. 1213 doblog
UNHA MARISMA DE MENTIRA,
por Xesús López Fernández
-
Árbores contra o vento en Alba, espacio xa desnaturalizado como marisma. Que a concellala do PSOE, Celia Alonso, de Medio Ambiente Natural diga que a xunqueira d´Alba é un espacio enil (espacio natural de importancia local), non deixa de ser unha falacia. Poden prantare árbores caducifolias, contra o vento, pero no que xa non é marisma. Que diga ademais que esa marisma está conformada polo río Rons equivale a decir que o mar xa non xoga no espacio, degradado cos recheos, pola autopista e supoño que a presión da nova ponte de Mosquera vai acelera-la morte total do espacio.
-
Non hai vontade por recupera-lo capital natural,xa o temos dito. Nen de consolida-la presencia do río Lérez, Cotobade e Campolameiro na Rede Natura. Lembrémo-la agresión que no seu día representou o recheo das marismas de Lourizán e posteriormente a ponte da Puntada, a consecuencia de non existir unha sociedade viva nesta cidade.
-
1 comentario:
Non existe vontade de recupera-lo fondo intermareal da ría de Pontevedra.
A maldición de Ence trouxo como consecuencia a degradación das xunqueiras e, lonxe de actuar na defensa da lei, os políticos acabaron por desecalas.
En relación con Ence, sobre a que existe unha sentencia de cese e retirada da concesión dictada en xuño do pasado ano pola Audiencia Nacional, estamos nun momento malo, con Dona Corrupción arrimando a políticos i empresa, pactando a permanencia dunha empresa criminal e, por ende, a fin da ría.
Publicar un comentario