miércoles, 7 de abril de 2010

O ESTERTOR DA RÍA, TODOS CULPABLES

Vista do complexo clorocelulósico, presuntamente xa sen concesión. Ese espacio debería ser obxetivo prioritario de recuperación no PXOM de Pontevedra, pero non. Todos queren o pastel e comparten as culpas.
-
Pontevedra, 7.04.2010
-
Artículo 1211
-
O ESTERTOR DA RÍA, TODOS CULPABLES,
por Xesús López Fernández
-
A variante de Pontevedra a Marín vai partir do macronudo de Celulosas.Vai sé-la morte final da ría e, por desgracia, aquí non existe unha sociedade viva que se posicione como en Vigo cando foi do scalextric de Lepanto. Falacias cando se dí "¡Ence, fóra da ría!" porque nadie, nen o PSOE, nen o BNG, nen o PP salvo o discurso sesgado de Telmo Martín ou o electoral de Alberto Núñez Feijóo, que chegou promete-la recuperación do litoral de Lourizán, pareceu pensar na restauración do borde natural, nunha Pontevedra con praia ou en Montero Ríos como memoria histórica, algo sobre o que os veciños d´Os Praceres, catro colectivos, sí, chamaron a atención non hai moito.
--
O conselleiro de Medio Ambiente da Xunta explicou o intento de conseguir de Fomento a interiorización do macronudo de Mollavao e, como Fomento négase a cambia-lo proiecto, di que van continuar coas obras en base a esa aberración que non foi tampouco cuestionada por medio dunha Axenda21Local [que non conocemos], en relación co PXOM de Pontevedra. Á fin parece que todos están dacordo en consumar disparates: nova ponte d´As Correntes, "nova" ribeira con idílicos solpores, e agora á fin e presuntamente prá densificación do tráfego da Avenida de Marín, prá non execución de sentencias como as dictadas en relación co ferrocarril obra de Fomento ou os recheos no porto de Marín; pra non levantare a edar d´Os Praceres da que son autores, cun diñeiro "roubado" a Europa, tres Administraciós delincuentes.
-
Salvemos Pontevedra sí alegou contra a construcción do macronudo, pero seguramente non vai haber consenso pra unha protesta social sen precedentes na que deberian estar presentes as asociaciós todas da capital. Dubido que a APDR se mova, nen a Federación Castelao, ambas carrileiras dun BNG que, coas súas actuaciós está a comprometere máis a existencia da ría, da Xunqueira de Alba e que non ten, en relación co saneamento real da natureza, outra idea que a de seguir tendendo tubos que levan á ría decote máis carga contaminante.
-
Procurarei dedica-lo meu artículo do próximo luns a este tema, pra xustifica-la miña conciencia, pois xa denunciaba na Semana de Filosofía da Aula Castelao, ano 1992, a situación de degradación da ría por medio dunha ponencia, "Holocausto Ecolóxico", que coido nunca foi editada antre as "cousas" da dita Aula, que anda agora ás voltas con outra edición, a falar de sustentabilidade. Qué curioso. Repito, todos culpables.
-
Enlaces:
-
-
-
A construcción do ferrocarril a Marín, as realizaciós da Autoridade Portuaria, o incumprimento das sentencias do T.S. son claros síntomas da desaparición do Estado de Dereito. Aznar acaba de decir en Sevilla que o PP debe seguir sendo incompatible coa corrupción. Que estudie os problemas da ría de Pontevedra, onde pode atopar un filón, tres partidos presuntamente tocados. E non falamos do Gürtell.

No hay comentarios: