jueves, 15 de abril de 2010

DÖNER KEBAP, COMIDA TURCA

O concellal non electo Luís Bará xustificando a súa paga por medio da distribución de propaganda prá manifestación contra a construcción do novo hospital. É un dos bandeirís de enganche, da baraza de esparto, ou de liño, tanto ten, que están a usaren pra ver de xuntar votos, de atalos cara as próximas elecciós.
-
Pontevedra, 15.04.2010
-
Entrada n. 1222 do blog
-
DÖNER KEBAP, COMIDA TURCA,
por Xesús López Fernández
-
Poden anunciar novas ribeiras, novas agresiós sobre a ría, pero resulta completamente estúpido andar pola feira como fixo Bará na pasada a tentar conseguir apoios prá manifestación contra o novo Hospital.
-
Pero pra distribuir folletos non é necesario usa-los servicios dun concellal caro, un dos que participaron na deconstrucción da vella vila e na promoción da súa miseria terminal, modelo integrado de ruínas. Pra distribuir esa propaganda abonda con llo encomendar a algunhas das persoas que tamén chegan á feira ou van colocando nos parabrisas dos coches anuncios de novas taperías bengalís de comida turca, as chamadas DÖNER KEBAP, con representación en diversos baixos da zona vella, seguramente tamén integradas no modelo de cidade predicado hai anos por Lores: "Temos absolutamente claro o modelo de cidade cara ó que imos", decía mentres negocios e negocios cerraban as súas portas, arruinados. Os Döner Kebap, qué curioso, aumentaron. Negocios tristes e pouco frecuentados. Pero Lores debía ter xa esa foto finish.

No hay comentarios: