viernes, 3 de diciembre de 2010

AIRES NOVOS PRA PONTEVEDRA

Foto do 20.10.2007. Esos mosquerós de cartón querían sintonizare cos de pedra de Mosquera. Acaso esa exposición fose un claro indicador da maridaxe existente antre certo comercio e as xentes do BNG, que arrasou o comercio tradicional aquí existente. Talvez máis que no comercio pensaban nas subvenciós, como grandes irmáns do réxime local. Nesta foto aínda se aprecian os noxentos mosquerós, vixiantes da zona vella como gran cárcere, gulag. Este foi o gran experimento, un dos grandes gastos do urbanismo estalinista. Ancheada-las beirarrúas gracias ó plan E nalgús casos, hoxe dispoñen de máis espacio os mendigos arribados a estas terras, sen contrato de traballo, pra non exerceren outra cousa qu´a mendicidade e talvez o roubo. Este foi durante algún tempo o estado d´obras en torno á balaustrada do Museo. 16 meses pró mal parto alí configurado.
-
Pontevedra, 3.12.2010
-
Entrada n. 1372 do blog
-
AIRES NOVOS PRA PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Non sei se pode haber esperanza prós pontevedreses deslocalizados da súa natureza e cidade. Esmagada ésta, arruinado o comercio, cegado o seu sistema viario, resoan os versos do clásico: "Camino por donde quepan dos, no lo hallarás en Galicia, aunque lo pidas por Dios", a gobernación aldeáa de corredoira aquí transferida. Non sei se a esperanza pode estare aínda acobillada nunha sociedade civil como a pontevedresa, á que lle foi negado o sal, traicionada por asociaciós convertidas en apoloxetas do réxime local. Unha desgracia.
-
As xentes d´Os Praceres están dispostas a probaren de novo e parecen ter como lema o de "¡Nós sí defendémo-lo Estado de dereito!" Poden berrar máis que Zapatero nos seus mitíns pra desautorizaren ós grupos que están na gobernación, ou na oposición local. Deséxolles sorte e que ninguén se lles apropie do discurso que prós demáis estaría fóra de lugar, sería unha falacia.
-
Outra noticia prá esperanza é a configuración da candidatura de Pontevedra Alternativa na que ven de se integrar Leoncio Feijóo Lamas, un home cabal que veu sinalando, de forma distendida, os disparates feitos polo bipartito: dez anos de gobernación no mal camiño, de configuración dunha ruína total, Pontevedra como pozo de miseria que ten hoxe como referente en restauración --falo de restaurantes-- o comedor de San Francisco. O comercio xa non existe. E, deslocalizadas moitas das Delegaciós, o centro de gravedade da urbe vella volveuse un claro deserto.
-
Sin outro comentario desta volta, inclúo un enlace no que poderedes escoitare activando o "play", o recitado que fai Elena Walsh, incluído nun poema sinfónico de Lito Vitale. "No hay túnel que dure cien años, vida mía... Y vós y nós fundamos aires buenos". A ver si coas candidaturas citadas, que deberán estudia-las súas posibilidades, é posible unha refundación de Pontevedra, o retorno do mar que hai tempo están a botaren fóra das nosas vidas. Aires novos pra Pontevedra.
-
Enlace:
-


4 comentarios:

josele dijo...

Si algo se puede decir de Leoncio Feijoo Lamas es que, ante todo, es un hombre cabal y sensato. Y buena persona.

Justo lo que necesitamos para la ciudad.

o blog de xesús lópez dijo...

Sí, mais coido iría mellor como número 1, pra te-la seguridade de que estaría na próxima corporación.
Vexo qu´o seu blog aumenta célere o número de visitas. I éso é bo. Agardemos que, d´aquí a Maio, o número faga masa crítica, anunciador dun cambio certo.
Dóeme que eles e mais ICPraceres se poidan magoar, limita-las súas posibilidades e quedárense ámbo-los dous grupos fóra.
Sería triste que por falta de sociedade civil que comprenda as miserias derivadas da gobernación estalinista, os grupos cos que a rexeneración sería posible queden fóra da gobernanza da cidade.
Saúdos.
Ah, unha cousa que talvez conveña citar aquí. ¿Sabes quenes alegaron contra a construcción, presuntamente ilegal, da ponte de San Benito, nos salóns do Lérez? ¿Sábelo? Dúas nada máis: o noso común amigo e mais eu.
Que conste. E que conste qu´aquel espacio ten a protección máxima.
Pero un acordo antre Louzán e Mosquera, con nocturnidade e alevosía, sirveu pra decreta-lo desastre e pra que os seus partidos manteñan a falacia dun discurso que non é discuros.

josele dijo...

Sí señor, las dos únicas personas que representan sociedad civil pura en esta ciudad (casco urbano) alegando juntos: Leoncio Feijoo y Xesús López.

Si yo pudiera decidir, me gustaría que Xesús López fuera de número tres en esa candidatura !!!!!!!!

Y una alianza estratégica con Placeres. ¿No habrá alguna persona conveniente para integrarla en P.A.? ¿alguna mujer??

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, Josele, pero Xesús López xa non está en edade d´emprendere novas aventuras.
Teño d´abondo con administra-lo meu blog e coidare da vista, que me sigue privando de facer cousas.
E quero darlle o meu apoio tamén ás xentes d´Os Praceres.
Coido que unha candidatura de síntesis antre eles a P.A. había ter posibilidades certas. Seguro..