domingo, 29 de julio de 2012

Milonga litoral

 Moncho e Ramiro, dous defensores da praza d´Os Praceres contra a ocupación ferroviaria, mallados polas tropas da policía enviadas pra consumaren a posesión  ó servicio dos clústers portuarios, como vimos contando neste blog.  

 Ana Pastor, ministra de Fomento, disponse a continuar coas obras da irracionalidade comezadas na época de Pepiño Blanco, unha nova agresión medioambiental á ría. A muller anunciou ademáis a colocación de pantallas insonorizantes pola banda esquerda da autovía de Marín, prá que se prevé un maior tráfego en relación coa zona controlada pola Autoridade Portuaria, asentada sobre recheos sobredimensionados, buscado un maior calado en base a cargas de dinamita. A ministra está casada co presidente da Autoridade Portuaria do porto de Marín e ría de Pontevedra.   
 A milonga como tango, enlazados, parece real neste caso.
A policía malla nos defensores do Estado de Dereito, nos veciños d´Os Praceres. (Foto xa mostrada neste blog). 

Pontevedra, 29.07.2012
Entrada n. 1553 do blog
Artículo semanal

Milonga litoral,
por Xesús López Fernández

            Litoral ou ribeirá se así máis gusta. A palabra milonga ten a súa orixe no continente africán. Asentouse, sen embargo, no Brasil i en Arxentina, predominando de forma común  unha certa polisemia da verba, xeneralmente arxentinismos: composición folclórica de ritmo apagado e tono señardoso, que se executa con guitarra; copla coa que se acompaña… Existen diversas formas, con ritmo vivo, emparentadas co tango; tamén baile vivaz con parella enlazada. Coloquialmente significa engaño ou conto, mentira, embuste; tamén discusión ou riña: “armouse a milonga”. Outro americanismo defínea como “festa popular con baile” (despois da voda vai haber milonga). Aquí tamén temos milongas, (o gran embuste, posto en letra no BOE do pasado 24.07.2012: A resolución do 5.07.2012 da Secretaría de Medio Ambiente, sobre a evaluación do impacto ambienetal do proiecto Supresión dos pasos a nivel da praza d´Os Praceres do ramal de acceso ferroviario ó porto de Marín).

            O ferrocarril, o tramo citado, foi declarado ilegal polo TS no 2007. Precisamente o 15.03 daquel ano, estando  en Roma, na piazza de Spagna, recibía unha chamada telefónica de Eladio Torres, informándome da sentencia firme dictada polo TS despois dun longo proceso. Quedaba claro que, cando as xentes d´Os Praceres defenderan a praza mentres eran agredidos pola Policía Nacional, eran os veciños os auténticos profetas do Estado de Dereito e que os axentes estaban, presuntamente, ó servicio de extraños intereses. Non foron eles os culpables, en nengún momento, da milonga armada. E lembremos tamén que mentres Fomento forzou a construcción do ferrocarril, como contrapunto a esa actuación denunciaba o ministerio de Medio Ambiente do Goberno Aznar que a obra invadía 55000 mt2 de dominio público marítimo terrestre que introducían un perfil duro que impediría ós cidadáns tomar posesión do terreo demanial o día no que, por vencemento concesional, se fosen liquidando as empresas asentadas nas marismas de Lourizán.  ¿Milongas?

            Os veciños d´Os Praceres réstanlle importancia  a este comunicado vía BOE que parece un tanto de coña, especialmente nalgunhas das consultas tramitadas, que aconsello lean os curiosos. Milongas, e non faltou unha cabeza pensante que suxerise un novo trazado en paralelo á PO11,  autovía a Marín, que toda ela vai por terreo demanial e debe ter un vencemento próximo.  Os veciños volven reclamare a execución doutras sentencias, como a dos recheos portuarios. E coido que, á marxe do anuncio do MARM, que desbota o soterramento do ferrocarril non pode prospera-la construcción de tres pasos baixo o tren pra vehiculos e peatós. A Autoridade Portuaria argumenta que o soterramento convertiría en inútil o servicio ferroviario no porto de Marín, como se non estivese máis que xustificada a súa desaparición, en plan rexenerador. Curiosamente, a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar considera que as posibles afecciós negativas sobre o medio costeiro e mariño non son significativas [….], que as mesmas non supoñen unha alteración significativa dend´o punto de vista ambiental da zona de actuación. ¡¿Cómo? Milongas, vergonza!

            Milonga foi tamén a adhesión do concello de Pontevedra á Carta de Aalborg de cidades sustentables. Un político do PP, Arenas, falou aínda non hai moito da milonga do desenvolvemento sustentable e no anteproiecto da nova Lei de Costas hai tamén moito de milonga. Son moitos os que entenden que a nova lei, por contra da Lei Borrell, a do 1988, nace con vocación de reactivare a economía do ladrillo, a economía da especulación e a destrucción paisaxística, outra milonga. Lembremos que o Concello tamén pulou pola construcción do ferrocarril a Marín, malgasto como o dos recheos. Millós de euros, din os veciños d´Os Praceres que volven afirmar: nun Estado de Dereito, unha sentencia firme non se discute, execútase. E sigue Fomento con obras de consolidación da autovía ó servicio da Autoridade Portuaria. Aquí parece  vai haber festa popular con baile (despois da voda vai haber milonga, milonga ribeirá).

8 comentarios:

Tío Chinto de Couzadoiro dijo...

Curiosamente, amigo Xesús, son dos paisanos nuestros -Blanco y Pastor- quienes, desde el Ministerio de Fomento, tienen más que ver en la continuación de esta barbaridad medioambiental. ¡Non temos arreglo!
Un cordial abrazo.

o blog de xesús lópez dijo...

Bueno, Chinto, si bien Pastor es zamorana.
Lo que más me preocupa es el hecho de que el matrimonio no hagan lo posible por que se ejecuten las sentencias.
Después de la fiesta va a haber baile, milonga, tal vez un tango agarrado interpretado por el matrimonio.
Unha aperta

José Luis Valladares Fernández dijo...

Aquí en mi tierra dicen que el lobo no muerde al lobo. Así hacen los políticos. Aunque cambie el partido en el Gobierno, el que llega procura no dejar mal al anterior y continua con las obras que dejo el anterior iniciadas. Se dicen hoy por tí, mañana por mi. Y así nos va.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
El refrán de los lobos también existe en Galicia: "Na terra dos lobos hai que ular com´eles". Y otros parecidos.
Entre la pareja de políticos representados en las fotos sí hay milonga, tango arrabalero, agarrado.
Después de la boda habrá milonga, fiesta con baile.
Y en este caso ya están danzando.
Es uno de los dibujos que vienen bien en este momento de descomposición final de la nación.
Un abrazo

candela dijo...

Lo de la pantalla insonorizante es todo un detalle.

Visto desde fuera deben pensar: Curioso país donde hay que pedir que se cumplan las sentencias judiciales a guantazos.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
A lo mejor la zamorana ha querido decir pantallas desodorizantes, para que los que vayan por esa falsa autovía no se mareen por el pestazo que exhalan las balsas de decantación de la pastera.
La política de aquí tiene mucho de república bananera. Se entiende que la peor de las versiones.
Mientras esto se aclara, la milonga está servida por estos lacayos de los clústers.
Un saludo.

Sabela Arias dijo...

É moi importante seguir a pronunciarse públicamente en contra de todas estas actitudes, sempre é moi necesario e clarificador ver o que está pasando desde perspectivas propias, un saúdo!!

o blog de xesús lópez dijo...

É mágoa, Sabela, que aquí non entre a Fiscalía Anticorrupción. Porque hai tela, moita baraza que cortar.
Gracias polo teu apoio.
Un saúdo.