domingo, 1 de julio de 2012

Reconversión

Éste é o símbolo de Reconversión.es, a web que está a revoluciona-lo panorama político. Os seus promotores claman polo cambio que os cidadáns levamos moitos anos agardando: un cambio na estructura do Estado que devolva a independencia ós tres poderes básicos do mesmo. E sobre todo a reducción drástica dos que viven da mamandurria política, 300.000 políticos máis que en Alemania, e que cada día nos sorprenden con novos presuntos escándalos.

Pontevedra, 1.07.2012
Entrada n. 1538 do blog
Artículo semanal

Reconversión,
por Xesús López Fernández

            O país parece estar vivindo en continuo sobresalto dende hai anos: que si o reventón da burbulla inmobiliaria, que se o drama do paro, que se o colapso financieiro e bancario que parece preocupou ó noso Goberno máis que outros problemas da economía real, como se o caso Bankia, cuia emisión de acciós estudia agora o Fiscal do Estado, se puidese soslaiar por medio dunha simple nacionalización. Falouse tamén da necesidade de refinancia-los bancos con cen mil millós de euros ó tempo que, curiosamente, se denunciaba a fuxida de capital do país por un importe aínda superior. Mais de momento parece que, nas conversas habidas en Bruselas,  Monti e Rajoy forzaron un acordo que acaba co cerco atafegante, coa presión sobre a débeda soberáa do problema bancario. O 9 de xullo saberase algo máis de cómo vai esta partida. Merkel avisa de condiciós macroeconómicas (que Rajoy nega) que os países beneficiarios terán de cumprir: as que establezan as autoridades europeas.

            Parece que España terá que sobi-lo IVA, unha nova maldición impositiva, algo que según diversos analistas non é necesariamente bo, todo o contrario, e que non se vai traducir nun maior consumo. Se o país está practicamente en suspensión de pagos ó mellor é cousa de mingoa-lo gasto das diversas administraciós. Porque, ¿ónde imos parar con máis de 445.000 políticos no país? Son os propios asesores da Moncloa os que denuncian que somos o país con máis políticos de Europa, con maior carga por habitante. Resulta que temos, nada menos,  300.000 políticos máis que Alemania, sen esquecer que ese país ten 81.000.000 habitantes, está máis descentralizado que España e ten seis  niveles administrativos (Estado – Länder - Rexiós Administrativas - Distritos – Mancomunidades – Municipios) mentres España conta con catro (Estado – Comunidade Autónoma – Provincia – Municipio). ¿Qué pasa? ¿Recortamos en saúde i educación e non en políticos? ¿Pero quén nos  goberna…? Ah..! Os políticos, ós que se sabe culpables do aquí acontecido, mantidos ademáis polos máis desfavorecidos.

            A cousa resulta demencial, o número de políticos é de exactamente 445.568; é decir, que temos máis políticos vivindo da “sopa boba” que médicos, policías e bombeiros xuntos. Sobran, pois, políticos e hai que rebaixare esa demasía por medio dalgún ERE de gran calado, pero non se fala de tal cousa. Parece como se incluso gran parte da mocedade non quixese encara-lo futuro de forma seria, queren ser políticos, ter un mandiño. Claro, é máis rentable. Ademáis que, polo que se ve, non é necesaria unha preparación especial. Pero xa non hai capital social posible no país que poida mante-la carga  de tanta xente enrolada nas diversas administraciós.  A proposta de Esperanza Aguirre de amortizar nun 50% o número de parlamentarios da súa comunidade non foi ben acollida. Pero a idea xa está lanzada e a información trascendida de que temos 300.000 políticos máis que os alemáns é algo que a nosa sociedade non debe aceptar por máis tempo.

            Con esa idea parece ter nacido a plataforma Reconversión.es, presentada por Aleix Vidal Quadras, Santiago Abascal e José Antonio Ortega Lara, xunto con outros 31 representantes do mundo académico, político i empresarial, que instan a Rajoy pra  que acade un gran acordo nacional, especialmente co principal partido da oposición, pra ver de construiren un gran programa integral, coherente e sistemático de reformas, con vistas á reconversión do Estado, porque (ésta é a tesis de Vidal Quadras) a crisis non é tanto un “problema de xestión” como un problema de estructura. E chegou o momento de cambia-las cousas porque moitas das miserias existentes derivan da nosa estructura partitocrática clientelar, intervencionista, disfuncional e corrupta; que é moita  a xente que en España vive da política e que esa estructura,  en gran parte innecesaria, debe ser chapodada, racionalizada.  O plan da Plataforma foi presentado por medio de carta aberta o 25.06. Propón incluso a convocatoria dun gran referendo cidadán, da posta en marcha da acción popular como exercicio de salvación.



4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ojala lo consigan, este país necesita un cambio enprofundidad... Y eso pasa por adelgazar el Estado y autonomías (yo no dejaría ni una)
Saludos.

o blog de xesús lópez dijo...

Que así sea,Lobo, porque si tenemos 300.000 políticos más que en Alemania, eso quiere decir que sobran realmente más aún, porque tenemos casi la mitad de los habitantes de Alemania.
Pero ya has visto la reacción de Elvira Rodríguez que analiza Candela en su blog, en el post "Horror en el Hipermercado", porque de qué Reconversión.es prospere en su mensaje depende el que seamos capaces de remodelar todo el modelo de Estado que ha sido alanceado precisamente por la caterva política y sus distintas tribus.
Un cordial saludo.

candela dijo...

Pues eso, seguiremos difundiendo por el ciber par que la iniciativa no decaiga...

Ya sabíamos de qué pie cojeaban, pero esa tipa, con su impúdica exibición de prepotencia, miedo y codicia, nos lo ha requeteconfirmado..

o blog de xesús lópez dijo...

Bien,Candela, ¿pero tendremos fuerza y constancia para conseguir que ésto cambio, lograremos expulsar de la política a esos 300.000 o lo que haga falta? Porque sólo así se salvaría el país.
Un cordial saludo