Pontevedra, 7.07.2008
Entrada n. 549 do blog
CAUREL-COUREL,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Inclúo no blog este video sobre o Caurel, Courel tamén chamado, pra ver de que os seus visitantes se achegan algo máis ó que representa esa bisbarra laceirada, devorada polas canteiras, estragada tamén por repoboaciós forestales de carácter irracional.
Moreda das Moradellas, de Uxío Novoneyra, en Os Eidos.
Moreda das moradellas!
Nogueiras, freixos da Varxa!
A Boca do Couto! As Agoas
i a Devesa da Rugueira!...
Baixando Moreda abaixo,
cara o Muíño das Edras:
bate a auga nas pedras...
peta nas portas un touro...
tecen as mozas a tea...
un monte, lonxe, fumea....
e vai muñando o boi louro....
No glosario que se publicou co libro "Os Eidos", o autor aclara algunhas palabras que son dialectalismos da zona, como "muñar", o que fai o boi louro, que é "muxir"; ou o "touro" que peta nas portas, que é realmente un porco macho sen castrar. Pensei d´aquela, cando lín a obra, se na denominación do porco semental, no Caurel e por vía da oralidade, non se estaría aplicando a mesma denominación que ós verracos de Guisando, os "toros de Guisando", porcos como no Caurel. Sabido é, ademáis, que á cultura dos verracos, das esculturas que aínda actualmente aparecen en diversas provincias de España, se lle chama "cultura dos celtas". ¿Sería un animal totémico? Pero a mente vaime ó touro que peta na porta, no camiño de Moreda abaixo. Ás posibles raíces celtas do Caurel.
O libro de Novoneyra, os retratos íntimos que o home fai do Caurel obrígannos a comprender mellor o drama que vive a bisbarra toda, precisada de todo tipo de apoio. Dende este blog insignificante xa o ten. Insistirei. Proba d´elo é que teño incluído antre os enlaces que aparecen na presentación deste espacio, o da asociación SOS COUREL.
VIDEO DE YOU TUBE / A TEIMA PRODUCTIONS

2 comentarios:
Boto a faltar algun comentario sobre a estrada en estudio de construcion no courel. Obviamente será para servizo das minas. Tendo en conta que a xunta pretende declarar a zona como de prioridade mineira.
Quero salientar que a maneira na cal esta prevista a construcion desta estrada provocará un grande impacto ecoloxico - pois en lugar de cortar a montaña para criar espacio para a estrada prever encher a ladeira da montaña para criar espazo para a estrada (e dicir: destruir toda a ladeira cara abaixo) - e suponho que o mais barato para encher a ladeira serán os escombros das minas existentes e actuais. vale a pena indagar un pouquiño sobre estes temas.
Esta non é nada máis que unha introducción ó video, adobiada cun poema de Novoneyra. Outras cousas irán aparecendo neste blog rabiosamente independente.
Agradécese calquer información ou enlaces de videos que poidan ser relevantes tanto pra mostraren a paisaxe do Caurel, como a desfeita producida na súa bisbarra.
Publicar un comentario