domingo, 2 de agosto de 2009

UNHAS DECLARACIÓS DE PILAR ALLEGUE

Pilar Allegue, ante o esmorecente Mercado de Abastos de Pontevedra. A fotografía ilustra unha entrevista feita por La Voz de Galicia do 1.08.2009.
-
Pontevedra, 2.08.2009
-
Entrada n. 1027 do blog
-
UNHAS DECLARACIÓS DE PILAR ALLEGUE,
por Xesús López Fernández
-
Pilar, que foi concellala do Bloque, que sigue sendo do Bloque según dí, fixo unhas declaraciós a La Voz do 1.08.2009, ilustradas pola foto que figura nesta entrada.
-
Según as mesmas pertence ó sochán [ela dí subsolo] do BNG e sempre que a chaman, está. Pero a chaman pouco, polo que dí. Ou non-a chaman.
-
Centrada a súa actividade no eido universitario e no estudio da obra de Frai Martín Sarmiento, foi unha pena que non contasen con ela á hora de poñeren en marcha as normas ortográficas do Diktatt estalinista, as deconstructoras do idioma. Porque como decía Sarmiento, era preciso face-lo idioma a partir da fala e deixarse das caralladas da lusomanía. O idioma galego, creación social, teríase salvado.
-
A tenor da recomendación que fai Pilar de profundizar na obra no noso frade ilustrado, debo lembrare nesta entrada que curiosamente eu, que non son especialista, senón un simple galegofalante e colaborador na primeira emisión en lingua galega da nosa terra, anos 1966/67, antes polo tanto do Maio famoso; eu, digo, dediqueille a Sarmiento, o ano no que se conmemorou a súa memoria, dez ou once traballos que os interesados poden atopare neste blog.
-
Outra cousa que dí Pilar é que lle gusta o ambiente do Mercado, o público tradicional que a el acode, o comercio do entorno. E aí teño que discrepar coela, que seguramente soñou máis que reparar no entorno de ruínas (uns once establecementos cerrados en César Boente; en Sierra seguramente outros tantos, varios deles no espacio no que lle tiraron a foto). I ése entorno de crack total é consecuencia, en gran parte, da política anticomercial do BNG nesta capital. ¿A quén lle agrada acodir ó Mercado, decorado coas ruínas da muralla, trampa pra cegos que Pilar parece estar mostrando, ou tendo que pisa-lo pavemento de baldosas de botós que un pé delicado non resiste?
-
Non me extraña que non chamen a Pilar, porque ela está instalada na razón aínda que erre á hora de tomarlle o pulso á zona vella.
-
Enlace:

2 comentarios:

Sísar dijo...

Cando leín a entrevista enseguida acordeime de tí Xesús. Vou ter que comezar a leer algo de Sarmiento.

xesús lópez fernández dijo...

Sarmiento sigue a sé-la clave. Como Risco, Fole ou Xesús Ferro Ruibal, antre outros.
Pra face-lo idioma hai que partir da oralidade. No caso do galego, da nosa fala, tan rica, como recomendaba o noso frade, un dos pais da Ilustración española.
Un cordial saúdo, Xesús.