A Sagrada Familia, en Belén. Templo da Natividade. Fotografía feita o 12.07.2009. O templo que se ve ó fondo é obra de Barluzzi e quere ter forma de tenda de campaña. Este é o campo dos pastores, onde o ánxel avisou ós pegoreiros de que o Neno acababa de nacer, escea recollida na foto anterior. En Belén.
-
Pontevedra, 22.12.2009
-
Entrada n. 1104
-
-
Pontevedra, 22.12.2009
-
Entrada n. 1104
-
BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO,
por Xesús López Fernández
-
No templo que aparece fotografiado tiven ocasión de cantar, e cantei, unha panxoliña galega, a mesma que cantara en Greccio o 19.03.2009: "Nun pendello que hai xunt´un camiño, unha noite de xiada naceu un meniño pequeniño, que parece do ceo caeu... Imos rapaces cara Belén, pói-lo Mesías din que vós é... La la la la la, la la la la... Corramos todos bicarlle o pé!.. E leváremoslle unha pita, anque a fé que boa falla nos fai, e un roxelo de bon pelo pra que faga os caldos a Nai. Imos rapaces cara Belén.......(sigue)"
-
Aínda tiven ocasión de recitar un poema de Cunqueiro, ó que pode que lle falte algún verso...: "Primeiro foi o anxo que falou a María... Nove meses de soño ata que veu o día!.... Pasou a primavera (que ben frolecía)... Pasou tamén a sega (que moito pan había). I agosto, i o magosto dourado... I o viño novo nas cuncas na adega foi catado.... I estando o outo cume de outo neve nevado, a María en Belén o noveno mese lle foi contado!.... ¡Nasceu don Xesucristo, de todos é loubado!
-
Bo Nadal, a todos, como tamén nos desexa Natalia Pastor no seu blog. Sigue enlace:
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario