Mar con biodiversidade. Recreación do que puido ser algún dos recantos da ría de Pontevedra. Non hai moito tempo.
-
Pontevedra, 5.12.2009
-
Entrada n. 1088 do blog
-
A NOSA COSA NOSTRA,
por Xesús López Fernández
-
Un arrepentido acusa a Berlusconi de ter, nalgún tempo, contactos coa Cosa Nostra. A Cosa Nostra ou algo similar pode estar tamén detrás de feitos como a degradación contínua do litoral pontevedrés, consentida polos políticos ó servicio ¿de quén? ¿De qué Cosa Nostra?. Porque eso é o que falta por investigar, o fondo criminal das actuaciós aquí levadas a cabo. E non se cura o PSOE por medio do requerimento de catro dos seus diputados pra que a Xunta asuma a súa responsabilidade nos recheos deshonestos levados a cabo.
-
Na data inaugural do ferrocarril, na locomotora Mikado e nun xesto de prepotencia paramafiosa, viaxaban Fraga, Cuíña, Lores, Tonecho, promotores da desfeita que agora queren disculpar.
-
Siguen enlaces varios, tratada a noticia da Cosa Nostra de Berlusconi, sacado de La Voz de Galicia.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario