jueves, 31 de diciembre de 2009

A CRECIDA DE LORES


Lores mostrouse crecido na roda de prensa outorgada onte no Cafetín da Alameda e comentou que se atopa físicamente ben, como pra se presentar de novo nas próximas elecciós, en función do que os órganos do Partido acorden.
-
Pontevedra, 31.12.2009
-
Entrada n. 1110 do blog
-
A CRECIDA DE LORES,
por Xesús López Fernández
-
Prefiro titular así este post que non "Lores, crecido". En todo caso a súa crecida pode ser como a do Gafos ou o reventón das alcantarillas en Monteporreiro onde, estos pasados días e con motivo de ter saltado as tapas dos rexistros, había unha clara presencia de compresas, condós, etc. É decir, en Monteporreiro está vivindo un colectivo de persoas sen cultura urbáa, a que lle falta tamén ó propio alcalde no tema do saneamento. Pero deso non quixo falar na roda --que el chama rolda-- de prensa. (Como a palabra "rolda" significa santa compaña, ó mellor é por eso que lle gusta a Lores)
-
Se nas pasadas elecciós perderon tres concellales, agora están gobernando coa traición do PSOE á sociedade pontevedresa, porque este partido, que tanto ía crecer, aumentou a súa presencia no Concello, polo traballo en Xardíns de Celia Alonso, un concellal.
-
Pero Lores, que sigue clamando "¡Ence, fóra!", non está polo labor da recuperación das marismas de Lourizán, algo que de momento sóo prometeu, en campaña, Núñez Feijóo, porque el sí falou da recuperación do litoral de Lourizán. Lores é un peligro.
-
Lores sabe que Ence xa non ten concesión, nen Elnosa, e que Holcim nunca a tivo, nen tan siquer licencia municipal. ¿Pero a qué coño espera, quén pode seguir creendo que temos un alcalde ecoloxista?
-
Na reunión cos informadores de prensa falou da ponte d´As Correntes, aberración, e da ponte de Monteporreiro, en lugar protexido pertencente á Rede Natura. Pero é que ademáis queren deseñar unha nova ribeira, esquecidos de que o espacio que ocupa a avenida de Marín tamén é dominio público marítimo terrestre, no que se están invertindo, indebidamente, fondos da Unión Europea, engañada en relación coas obras da edar d´Os Praceres, na que podemos estima-la definición de nulidade radical. Consultade senón a Lei de Costas, art. 44.6.
-
Nas próximas elecciós, Lores non debería ter nen medio sopapo a pouco que o PP prometese, con claridade, a reposición da legalidade en todo o litoral; a recuperación da circulación na zona vella, morta de peatonalización, convertida en gulag no que resulta difícil sobrevivir, privada de accesos ou cun comercio, que se nalgún tempo foi vida da zona, desta volta e por mandato do BNG, apoiado en certos comisario políticos, está en situacón preagónica.
-

No hay comentarios: