-
Pontevedra, 15.12.2009
-
Entrada n. 1093
-
A ponte d´As Correntes,
por Xesús López Fernández
-
Hai tempo que quedou claro que o BNG non é ecoloxista. Pode que algún comunicador/a, namorado/a de Lores, pense que el sí quere sacar Celulosas de Lourizán. Pero non comprenden que non está na vontade dos estalinistas a recuperación do litoral de Lourizán. ¡Se xa quixeron converti-las marismas en solar, construir vivendas sociales --faríao a Autoridade Portuaria según planning de Emiliano Quintillán-- pra dese xeito financia-lo traslado de Ence a Barro-Meis, cando Ence xa non ten concesión, asunto no que os "ecoloxistas" do Bloque, os mesmos que meteron ó Concello na Carta de Aalborg, non quixeron entrare, advertidos como foron por Salvemos Pontevedra por medio de escrito presentado no concello o 14.01.2004, auténtico caderno de bitácora prá recuperación do litoral!.
-
En definitiva, o Bloque tamén quere o solar.
-
Ver enlace de La Voz de Galicia, 15.12.2009: A tensión --¿?-- antre o Concello de Costas. ¿Tensión ?. Tururú.
No hay comentarios:
Publicar un comentario