-
Pontevedra, 31.12.2009
-
Entrada n. 1111 do blog
-
DEMOLICIÓS NO LITORAL,
por Xesús López Fernández
-
O novo xefe provincial de Costas dí que o deslinde de cincocentos kilómetros do litoral non abonda pra facer demoliciós, que antes hai que face-los oportunos expedientes.
-
Incluímo-la noticia d´hoxe, de La Voz de Galicia, en relación coas súas declaraciós. E parece evidente que non se pode derribar sen promove-lo expediente pertinente. Pero a pergunta pra nota que eu formulo a este home é a seguinte: ¿Por qué Costas non entra de oficio en tantísimo caso de flagrante agresión ó noso litoral e que teñan que se-las asociaciós as que denuncien e xudicialicen asuntos, metendo no saco da acusación ás propias Administraciós, como no caso da edar d´Os Praceres, onde son delincuentes as tres Administraciós?. Non se pode consentir tantísima deixadeza de funciós. E a rexeneración democrática faise urxente, ou ésto se prostitúe aínda máis.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario