Pontevedra, 22.12.2009
-
Entrada n. 1105 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (21),
por Xesús López Fernández
-
Volven co rifirrafe Feijóo e os ayatoláhs do Bloque que non van consentir unha marcha atrás en relación cos seus "avances" no eido do idioma. Chámanlle "avances" ó por eles feito, ás normas do Diktatt estalinista pensadas pra lle cambia-la alma ó noso pobo, pra lle cambia-lo nome incluso ó país.
-
Resulta que eles sí poden decir Galiza, pero os cidadáns non podemos decir Galicia, servicio, espacio, sentencia, xusticia, palabras que estos chacaritas foron cambiando co paquete normativo que a algún subnormal da Academia ata lle terá parecido ben, sen se decatar que todo estaba pautado polos camaradas como normas da deriva prá nosa incardinación en Portugaliza.
-
É evidente que a Núñez Feijóo, dunha zona na que se fala un galego precioso, fáltanlle táboas pra sacudir a esas xentiñas. De todas formas inclúo aquí o enlace da lastimosa noticia d´El Correo Gallego, na que é seguro ha haber comentarios interesantes ademáis do que poida golsar algún antropoide.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario