viernes, 18 de diciembre de 2009

COSTAS RESPONDE Ó CONCELLO

Que o Ministerio de Medio Ambiente aclare que a culpa do que acontece en relación coa Beiramar é do Concello non debe sorprender a nadie.
-
Pontevedra, 18.12.2009
-
Entrada n. 1099 do blog
-
COSTAS RESPONDE Ó CONCELLO,
por Xesús López Fernández
-
En relación co Cumio de Copenhague, Gordon Brown, o líder británico, anima ós internautas ó exercicio da acción cidadáa. Un exemplo de democracia de altura.
-
Hai case seis anos que Salvemos Pontevedra presentou, en exercicio da acción cidadáa, un escrito ó Concello polo que, cinguíndose precisamente á Lei de Costas e a unha serie de perdas de concesiós existentes ou á non existencia de concesión no historial de certa empresa; presentou, digo, unha denuncia argumentada por Rexistro do Concello o 14.01.2004 coa idea de que quedase constancia da mesma no pleno do Consistorio, que non quixo actuar nen no caso flagrante de Holcim, que ademáis de concesión carece tamén de licencia municipal.
-
Lores contestou cunha carta d´amor. Agradáballe que existise unha asociación cunha idea da Ecoloxía moi próxima á súa; pero habería que cambia-la carta de presentación do escrito pra lle poder dar recibo. Modificouse a carta e volveuse presenta-lo alegato, sen resultado, no mes de maio ou xuño daquel ano.
-
En definitiva, no Concello non son ecoloxistas e a Lores e á "súa equipa" non lle interesa recupera-lo litoral, senón deseñar unha nova beiramar e, presuntamente, quedarse co gran solar. Poden querer acabar coa cruz ou coa simboloxía franquista, pero non queren renunciar ó solar creado coa instalación de Ence. É máis, como estalinistas son peores que os nacionalsocialistas, e queren nega-la condición de dominio público marítimo terrestre ó espacio polo que vai a autovía, que é mar, o mar que debemos recuperar.
-
A resposta de Costas á actitude mendaz do comisario Mosquera é merecida. O que non está claro é que Costas queira que se cumpra coa Lei e que, mentres permaneza a súa deixadeza de funciós, estamos ante unha serie de delitos participados a tres bandas.
-

No hay comentarios: