jueves, 1 de abril de 2010

NOVONEYRA, A LETANÍA AUSENTE

Novoneyra, o decidor das palabras, a Fala-Lingua sentida.
-
Pontevedra, 31.03.2010
-
entrada n. 1208 do blog
-
NOVONEYRA, A LETANÍA AUSENTE,
por Xesús López Fernández
-
¿Letanía ausente? ¿Ou máis ben letanía abocetada, como un Guadiana nas túas lecciós, ou leuciós, como che gostaba decir, a facer demostración da oralidade que nos andan a roubare?
-
O libro agora editado, "A casa!, o val!, a patria homilde!", permíteunos entrever esa outra letanía que estaba no teu discurso: As denuncias do roubo da Fala-Lingua; da debulla ou deluva, que tanto ten, que andaban a faceren o Instituto da Lingua, a RAG, a propia Xunta e a AS-PG, coa incesante teima de privare ó idioma de rexistros; abuso de poder contra os sentinelas que, como tí, fan, facían, fixeron garda da pureza da oralidade, levantaban acta notarial da lingua viva.
-
Eu entendo o que sentías e por qué acusabas ós partidarios do reintegrado, que tentaron e tentan leva-lo idioma por extinción a unha patria nova, á non-patria por tí definida na que moran hoxe moitos dos ensinantes e dos políticos, QUE XA NON COMUNICAN; que nos dibuxan outro país como meta, que fan, facían, fixeron caricatura do noso idioma por medio dunha certa enxeñería pra nos privare da fala, da nosa; pra nos deixare sen alma; pra cambiare incluso de nome ó propio país, que non queren que se chame Galicia; incapaces de comprender que o idioma define a unha patria que non se opón a outras patrias, a que un poida estare instalado en dúas, tres ou catro linguas, cada unha delas verdadeira patria se un está realmente instalado nelas.
-
Pero as máis sofridas e vexadas son as xentes do rural, as poucas que van quedando nas aldeas como sentinelas, como tí foches un gran Sentinela, das palabras que lle dan nome ós lugares, ás cousas, que sirven pra unha comunicación certa que os ayatoláhs por tí denunciados queren convertir en in-comunicación: levare ós últimos valedores da Fala-Lingua á non-patria por eles inventada, imposta como asignatura nos institutos e medios de comunicación, concretadas, se cabe, nos correctores ortográficos do Diktatt.
-
O idioma morre, Uxío, dende as normas por tí denunciadas, as do 1983, tamén denunciadas por mín, porque non eran máis que unha pantomima; que nos centros de ensino oficiaban como sacerdotes e sacerdotisas, por apuntes, nas normas da deriva cara ó portugués. Resulta que aínda non entenderan que a fronteira con Portugal era precisamente o noso idioma, como ben ten sinalado Moralejo, fronteira máis firme na raia seca ourensáa que no Miño!.
-
A pedagoxía dos teus textos está clara. Neles aparece, como río que nace e morre, morre e nace, esa letanía que non chegaches definir en versos e que algún novo rapsoda pode facer súa: a letanía da non-patria, o discurso sen discurso, a Fala-Lingua agoniante, case morta.

3 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

El último reducto de la lengua gallega,me temo, serán las aldeas, los pequeños núcleos de población que perviven y mantienen las tradiciones.
Decía Chomsky,Jesús, que "la supervivencia de las lenguas no deben ser jamás impuestas.Son los ciudadanos los que deciden con su no uso, cuando ésta ha llegado a su fin".

xesús lópez fernández dijo...

Témome que xa non hai capacidade de resistencia; que entraron ou queren entrar nas aldeas, se preciso é, con lume pra que non quede xa nada do galego creación auoral.
Estou con Chomsky, Natalia, pero os estalinistas siguen a darlle aquí á matraca das normas da deriva, un intento severo de acabar coa nosa alma, como levo dito. I ese intento, ese invento, foi tragado, embuchado, polos diversos partidos políticos; pola propia RAG que xa non interveu na confección das últimas normas.
Un saúdo.

xesús lópez fernández dijo...

Quixen decir "galego creación auroral".