viernes, 9 de abril de 2010

UNHA MARISMA DE MENTIRA

Á esquerda, xunqueira d´Alba. Non dou localizado outra foto, que xa debe estar no blog, de fins do XIX, cando aínda non estaban construídos o vial de Domingo Fontán e a ponte das Correntes.
Esta era outra das marismas que mantiñan viva a ría, terreo asolagado polo mar nas mareas altas, sobre todo coas vivas equinocciales. A xunqueira d´Alba era parecida. Prantando árbores nas marimas d´Alba. Mentira, porque na zona da prantación xa non entran as mareas. Son capaces de lle chamar marismas incluso á zona que foi vasureiro con Rivas Fontán.
--
Pontevedra, 9.04.2010


Entrada n. 1213 doblog

UNHA MARISMA DE MENTIRA,
por Xesús López Fernández
-
Árbores contra o vento en Alba, espacio xa desnaturalizado como marisma. Que a concellala do PSOE, Celia Alonso, de Medio Ambiente Natural diga que a xunqueira d´Alba é un espacio enil (espacio natural de importancia local), non deixa de ser unha falacia. Poden prantare árbores caducifolias, contra o vento, pero no que xa non é marisma. Que diga ademais que esa marisma está conformada polo río Rons equivale a decir que o mar xa non xoga no espacio, degradado cos recheos, pola autopista e supoño que a presión da nova ponte de Mosquera vai acelera-la morte total do espacio.
-
Non hai vontade por recupera-lo capital natural,xa o temos dito. Nen de consolida-la presencia do río Lérez, Cotobade e Campolameiro na Rede Natura. Lembrémo-la agresión que no seu día representou o recheo das marismas de Lourizán e posteriormente a ponte da Puntada, a consecuencia de non existir unha sociedade viva nesta cidade.
-

1 comentario:

o blog de xesús lópez dijo...

Non existe vontade de recupera-lo fondo intermareal da ría de Pontevedra.
A maldición de Ence trouxo como consecuencia a degradación das xunqueiras e, lonxe de actuar na defensa da lei, os políticos acabaron por desecalas.
En relación con Ence, sobre a que existe unha sentencia de cese e retirada da concesión dictada en xuño do pasado ano pola Audiencia Nacional, estamos nun momento malo, con Dona Corrupción arrimando a políticos i empresa, pactando a permanencia dunha empresa criminal e, por ende, a fin da ría.