sábado, 9 de octubre de 2010

DON FILIBERTO

Leoncio Feijóo Lamas, titular do blog Don Filiberto, co que arrancou hai pouco máis dun ano, o día de San Bartolomeu.
-
Pontevedra, 9.10.2010
-
Entrada n. 1307 do blog
-
DON FILIBERTO,
o blog de Leoncio Feijóo Lamas,
por Xesús López Fernández
-
Hoxe ocúpase La Voz de Galicia do persoaxe e tamén da súa aventura virtual na rede, do blog de Don Filiberto, cuia visita recomendo porque vai servindo pra abrir conciencias, comprendere o que foi Pontevedra e o que está deixando de sere, moitas veces por falta de técnicos cualificados á hora de acometer reformas, mesmo de construire museos. Don Filiberto está a facer un auténtico labor de recuperación da memoria histórica, da que carecen os interinos que hoxe están a gobernare a política local, case todos extraños. ¿Pra qué a construcción do sexto edificio do Museo cando o máis visitado son as ruínas de Santo Domingo?. ¿Por qué o desgarro da avenida de Santa María, ou do Campiño, por qué cerrare máis e máis a cidade e sumila, digo eu, nunha ruína total?
-
Eu recomendeille, como outros amigos que inserimos no seu blog algún que outro comentario, que puxese contador de visitas. O seu blog é unha revelación continua, un balance de lembranzas. Por eso o tal contador, en pouco tempo, vai significare en qué medida as xentes do Concello comezan a se poñer nerviosas, desacreditadas polo seu modo de "facer cidade", de matala.
-
Mellor leé-lo reportaxe que hoxe lle dedica o periódico coruñes, do que inserimos enlace:
-

2 comentarios:

josele dijo...

Fantástico post, Xesús...

Efectivamente nuestro querido "Don Filiberto" es un ejemplo de sabiduría, de respeto y de cariño a nuestra ciudad. Él representa una nueva sensibilidad en modos y maneras de ser ciudadano del siglo XXI.

Su lucha es la conservación del Patrimonio Histórico, de la misma forma que la tuya es la lucha por preservar el Patrimonio Medioambiental, lucha en la que te has distinguido sobradamente.

Vosotros y gente como vosotros representa la esperanza de que algún día un soplo de aire puro y fresco barra a la patulea sectaria y sindicalista que tiene secuestrada a una de las ciudades más hermosas del mundo.

Gracias a ambos los dos!!!!

xesús lópez fernández dijo...

Gracias, Josele, polas túas palabras. Coido que non estou a ser puntual en moitas cousas, a consecuencia dun problema de vista do que coido estou saíndo.
Supoño qu´o blog revelación de Don Filiberto vai marcar "novos tempos" e "novos modos" prá política. O contador de visitas indica xa unha clara aceptación social, expectación incluso polo que vaia seguir decindo. Nese contador, xa digo, vaise producindo un certo efecto de bola de neve, cada vez somos máis os admiradores dos seus traballos. E o feito de que La Voz de Galcia lle dedicase un reportaxe tan fino, é cousa pra meditar. Pode traer máis xentes a este, o noso redil de inconformistas co mal feito, coa desfeita e roubo do noso patrimonio, que non podemos perdoar.É así. Levan dez anos traballando a ruína da cidade.