jueves, 14 de octubre de 2010

A AUSENCIA DA BALAUSTRADA, NO MUSEO

A estatua de Castelao, que non é propiedade do Concello compoñía, xunto cun penedo e un carballo, un evocador monumento á súa memoria, sito no lugar adecuado, os xardíns da avenida de Santa María antes de seren reconvertidos en deserto de pedra. E foi roubada e traída a este inícuo lugar, inicuo a consecuencia da obra realizada, case dous anos de desesperación veciñal. I eso non se pode perdoar.
Colocaron a estatua ó pe dunha escadeira que non é modelo da tan pregoada accesibilidade que fai o noso Concello, senón obra pra inhabilitare ó seu deseñador.
E ademáis, co peligro que representa a escadeira, unha posible caída pode confirma-lo presentimento de moitos de que este d´agora pode ser un Castelao matador, reconvertida a súa carpeta de dibuxos en arma punzante, e cortante. E algús aínda din que colocaron a estatua en lugar digno.
Primeiro plano da estatua, da que teño máis fotos noutros momentos de luz.
Pero fixádevos cómo na fotografía de La Voz de Galicia que acompaña á noticia da que se inclúe enlace, Castelao non aparece, tentando mostrare un espacio distinto, unha realidade diferente.
-
Pontevedra, 10.10.2010
-
Entrada n. 1309 do blog
-
A AUSENCIA DA BALAUSTRADA, NO MUSEO,
por Xesús López Fernández
-
Qu´a Delegación de Cultura non estivese á altura das circunstancias e permitise levare a cambio a deconstrucción, o arraso deste espacio; que na noticia que hoxe dá La Voz se vexan descafeináda-las protestas polo arraso da anterior balaustrada, brazo tendido ante dous edificios do Museo, que os conformaba como un todo; que na mesma noticia traten o tema da actuación xangal de Patrimonio en relación coas escadeiras de San Bartolomeu, hoxe tapadas pola especie de palco que alí colocaron e sobre o que parece que xa nadie protesta senón e tímidamente a Asocación San Bartolomé-Centro, non xustifica a forma de dá-la nova. Non son críticos.
-
As fotos son reveladoras. E podería incluir moitas da balaustrada anterior ou da situación de obras interminables dese entorno, mal rematadas por certo, mal buscados os niveles da nova Laranxo, actualmente dividida, e sen laranxo. Tamén teño fotografías do deshonesto palco colocado á entrada de San Bartolomeu. Pero levaríame tempo baixa-lo material gráfico do que dispoño. Mais un paseo non vai mal e recomendo á xente que se achegue a ambos lugares e observe a realidade actual, parte da derrota da cidade e, cos ollos da memoria, que lembre cómo eran esos espacios. Como ademais a noticia tamén fala da renovada Sarmiento, haberá que decir que eso é outra falacia, coas tapas trampas a escachar novamente, e que teñan asumido éso como unha realidade e porque non hai asistencia técnica e sí unha vontade total de despilfarrar, de malgastare. E a eso lle chaman Economía Sustentable, que pra algús ven sendo un negocio redondo.
-

2 comentarios:

DonFiliberto dijo...

E das laranxeiras que andaba por ali nada se sabe

o blog de xesús lópez dijo...

Hai un kiosco, na rúa do Laranxo, así chamado. Alí teñen un laranxo artificial que xa aparecera en La Voz de Galicia. No meu blog debe haber algunha referencia ó mesmo, naquel momento puntual.
Incluso fun eu o que lle dou a idea ó fotógrafo de La Voz, de facer un montaxe con ese adorno.
Saúdos.